Regina King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regina King
Regina King 2010.jpg
Nacemento15 de xaneiro de 1971
LugarOs Ánxeles
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enUniversidade do Sur de California e Westchester Enriched Sciences Magnets
Profesiónactriz, actriz de dobraxe, actriz de televisión, actriz de cinema, director de televisión e directora de cine
Na rede
IMDB: nm0005093 Allocine: 17602 Rottentomatoes: celebrity/regina_king Allmovie: p38343 TV.com: people/regina-king
Twitter: ReginaKing Instagram: iamreginaking MySpace: kingregina Musicbrainz: 7a6a4995-a71d-446c-a0c6-097513c583d4 WikiTree: King-44187 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Regina Rene King, nada en Cincinnati o 15 de xaneiro de 1971,[1] é unha actriz e directora estadounidense.[2] Recibiu atención polo seu papel como Brenda Jenkins na serie de televisión de NBC 227 (1985). Seguiu a protagonizar series e filmes, acadando éxito con papeis como Dana Jones en Friday (1995), Marcee Tidwell en Jerry Maguire (1996), Riley e Huey Freeman na serie de animación The Boondocks e a Detective Lydia Adams en Southland. Por Southland, recibiu dúas candidaturas aos Critics' Choice Award. En 2019, a súa interpretación como Sharon Rivers en If Beale Street Could Talk valeulle o Oscar e o Globo de Ouro á mellor actriz secundaria.

Entre 2015 e 2017, King protagonizou a serie de ABC American Crime e tamén interpretou a Erika Murphy no drama da HBO The Leftovers. King tivo un papel recorrente como Janine Davis en The Big Bang Theory, e participou en filmes como Ray, Poetic Justice e Unha loira moi legal 2.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1991 Boyz n the Hood Shalika
1993 Poetic Justice Iesha
1995 Higher Learning Monet
1995 Friday Dana Jones
1996 Thin Line Between Love and Hate, AA Thin Line Between Love and Hate Mia Williams
1996 Jerry Maguire Marcee Tidwell
1998 Rituals Curtametraxe
1998 How Stella Got Her Groove Back Vanessa
1998 Enemy of the State Carla Dean
1998 Mighty Joe Young Cecily Banks
1999 Love and Action in Chicago Lois Newton
2001 Down to Earth Sontee Jenkins
2002 Truth Be Told Rayne
2003 Daddy Day Care Kim Hinton
2003 Unha loira moi legal 2 Grace Rossiter
2004 Unha cincenta moderna Rhonda
2004 Ray Margie Hendricks
2005 Miss axente especial 2: Armada e fabulosa Sam Fuller
2006 Ant Bully, benvido ao formigueiro Kreela (voz)
2007 Year of the Dog Layla
2007 This Christmas Lisa Whitfield-Moore
2010 Our Family Wedding Angela
2013 Let the Church Say Amen Director
2014 Planes: Fire & Rescue Dynamite (voz)
2018 If Beale Street Could Talk Sharon Rivers Oscar á mellor actriz secundaria

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Regina King profile at". TVGuide.com. Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  2. "Regina King IMDb". IMDb. Consultado o 31 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]