Referendo sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea
| Referendo sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ← United Kingdom Alternative Vote referendum (en) | ||||||||||||
| Data | 23 de xuño de 2016 | |||||||||||
| Tipo | referendo | |||||||||||
| Participación política | ||||||||||||
| ||||||||||||
| Resultado da votación
| ||||||||||||
| Causa inmediata de | ||||||||||||
| 2016: aftermath of the 2016 United Kingdom European Union membership referendum (en) 2016: international reactions to the 2016 United Kingdom European Union membership referendum (en) | ||||||||||||
O 23 de xuño de 2016 celebrouse no Reino Unido e en Xibraltar un referendo sobre a permanencia ou saída do Reino Unido da Unión Europea. A permanencia británica na Unión Europea fora un asunto controvertido desde que o país se integrara na Comunidade Económica Europea en 1973, con debates recorrentes sobre a saída da Unión dende entón.
Pregunta
[editar | editar a fonte]Nun primeiro momento, a pregunta proposta perante o Parlamento foi:
Inglés: Should the United Kingdom remain a member of the European Union?Galés: A ddylai’r Deyrnas Unedig aros yn aelod o’r Undeb Ewropeaidd?
¿Debe o Reino Unido seguir a ser membro da Unión Europea?
Coas seguintes opcións de resposta:
Inglés: Yes / NoGalés: Dylai / Na ddylai
Si / Non
Posteriormente, a Comisión Electoral recomendou que a pregunta proposta mudase por outra máis clara e directa para os votantes e que se expresase dun xeito máis neutral. Finalmente, decidiuse que a pregunta que os cidadáns británicos, irlandeses e os cidadáns da Commonwealth contestarían o día do referendo sobre a permanencia do Reino Unido na Unión Europea sería:
Inglés: Should the United Kingdom remain a member of the European Union or leave the European Union?
Galés: A ddylai’r Deyrnas Unedig aros yn aelod o’r Undeb Ewropeaidd neu adael yr Undeb Ewropeaidd?
¿Debe o Reino Unido continuar a ser membro da Unión Europea ou debe deixar a Unión Europea?
Con dúas posíbeis respostas:
Inglés: Remain a member of the European Union / Leave the European Union
Galés: Aros yn aelod o’r Undeb Ewropeaidd / Gadael yr Undeb Ewropeaidd
Continuar a ser membro da Unión Europea / Deixar a Unión Europea
Posicións
[editar | editar a fonte]Partidos políticos
[editar | editar a fonte]| Postura | Partidos políticos | ||
|---|---|---|---|
| Si UE | Partido da Alianza de Irlanda do Norte | ||
| Partido Verde | Inglaterra e Gales | ||
| Irlanda do Norte | |||
| Escocia | |||
| Partido Laborista | |||
| Liberal Demócratas | |||
| NI21 | |||
| Plaid Cymru | |||
| Partido Nacional Escocés | |||
| Sinn Féin | |||
| Partido Socialdemócrata e Laborista | |||
| Partido Unionista do Ulster | |||
| Non UE | |||
| Partido Unionista Democrático | |||
| Partido Unionista Tradicional | |||
| Partido da Independencia do Reino Unido | |||
| Sen posicionamento | Partido Conservador | ||