Grexit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación gráfica do efecto dominó que suporía o abandono do euro en Grecia con respecto aos demais estados da Zona Euro.

O acrónimo grexit[1] é un neoloxismo empregado para se referir á potencial e futura saída de Grecia da zona Euro, o que implicaría o abandono do euro no país helénico e a volta ao dracma.

Orixe[editar | editar a fonte]

O termo grexit provén da fusión das palabras inglesas Greece (Grecia) e exit (saída). O neoloxismo é similar a outros empregados en economía e xeopolítica, coma spexit, que se refere á hipotética saída de España da Zona Euro,[2] ou brexit para unha hipotética saída do Reino Unido da UE.[3]

O termo grexit foi empregado por vez primeira o 6 de febreiro de 2012 por Willem Buiter[4] e H. Rahbari Ebrahim,[5][6] analistas do Citigroup, facendo referencia a un grupo de traballo creado por países da zona euro que se preparaba para facer fronte á posíbel saída de Grecia, tentando tomar medidas preventivas e preparar á zona euro.[5][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «grexit, en cursiva e con minúscula.» Fundéu. Consultado el 27 de junio de 2015.
  2. «Grexit? Spexit? Let’s Call the Whole Thing Off.» Foreign Policy, 31 de maio de 2012.
  3. «La victoria de los tories abre un nuevo frente negociador en Europa.» El País, 18 de maio de 2015.
  4. «Greek impasse raise fears of 'Grexit'.» The Guardian, 7 de febreiro de 2012.
  5. 5,0 5,1 "Grexit – What does Grexit mean?". Gogreece.about.com. 10 de abril de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  6. Buiter, Willem y Ebrahim Rahbari (6 de febreiro de 2012). "Rising Risks of Greek Euro Area Exit" (PDF). Citigroup. Consultado o 17 de maio de 2012. 
  7. «Sem saída?» VOXeurop, 18 de maio de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.