Referendo sobre a permanencia de España na OTAN
Referendo sobre a permanencia de España na OTAN | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1978 (pt) 2005 (en) → | |||||||||||||||||
Data | 12 de marzo de 1986 | ||||||||||||||||
Tipo | referendo | ||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
O referendo sobre a permanencia de España na OTAN foi un referendo celebrado o mércores 12 de marzo de 1986 en España, país que pertencía á OTAN desde o 30 de maio de 1982.[1] Foi convocado o 31 de xaneiro de 1986 polo goberno socialista presidido por Felipe González.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O cambio de posición do goberno de Felipe González respecto da OTAN
[editar | editar a fonte]Trala entrada de España na CEE chegou o momento de convocar o prometido referendo sobre a permanencia de España na OTAN. Pero Felipe González e o seu goberno anunciaron que ían defender que España seguise na OTAN, aínda que baixo tres condicións atenuantes: a non incorporación á estrutura militar, a prohibición de instalar, almacenar ou introducir armas nucleares e a redución das bases militares norteamericanas en España. Previamente González tivera que convencer ao seu propio partido no XXX Congreso celebrado en decembro de 1984, e ademais o xiro respecto da OTAN provocou a dimisión do ministro de Asuntos Exteriores Fernando Morán en desacordo con el.[3]
Segundo Santos Juliá, os principais factores que influíron no cambio de actitude do goberno do PSOE foron «as presións de Estados Unidos e de varios países europeos; a relación entre a permanencia na OTAN e a incorporación de España á CEE e a actitude favorable a un estreitamento de vínculos coa Alianza adoptada desde moi pronto polo Ministerio de Defensa». A isto engadiuse a idea de que era imprudente saírse da OTAN nun momento en que se agudizaban as tensións da segunda guerra fría.[4]
Ante a «viraxe» do PSOE, a bandeira do rexeitamento á OTAN foi recollida polo Partido Comunista de España —agora dirixido polo asturiano Gerardo Igrexas que substituíra a Santiago Carrillo, quen acabou abandonando o PCE para fundar Mesa de Unidade Comunista— que formou unha ampla coalición de organizacións e de partidos de esquerda —incluídos socialistas que abandonaron o PSOE ao estar en desacordo co cambio de posición do seu partido—, da que xurdiría Esquerda Unida, coalición que se presentou ás eleccións xerais de outubro de 1986. Pola súa banda, a proatlantista Alianza Popular optou paradoxalmente pola abstención, deixando só ao goberno, o que constituíu, en palabras de David Ruiz, unha «penosa estratexia… que desacreditará a carreira política do seu fundador, Manuel Fraga, en tanto que aspirante ao goberno do Estado».[5]
A controversia
[editar | editar a fonte]Un dos motivos polos que este referendo resultou polémico foi o feito de que o PSOE se manifestou en contra do ingreso na OTAN antes de entrar no Goberno, usando a lema "OTAN, de entrada non". No referendo propuxo o si á permanencia.
Por outra banda, Coalición Popular, que sempre fora partidaria da entrada na OTAN, recomendou a abstención no referendo.
Outro dos motivos foi a redacción da pregunta, que a opinión pública considerou tendenciosa para encamiñar cara ao "si" no referendo. De feito o Goberno fixo campaña polo "si".
A pregunta
[editar | editar a fonte]No referendo presentouse aos españois maiores de 18 anos unha papeleta co seguinte texto e pregunta:
O Goberno considera conveniente, para os intereses nacionais, que España permaneza na Alianza Atlántica, e acorda que dita permanencia se estableza nos seguintes termos:Considera conveniente para España permanecer na Alianza Atlántica nos termos acordados polo Goberno da Nación?[6]
- 1.º A participación de España na Alianza Atlántica non incluirá a súa incorporación á estrutura militar integrada.
- 2.º Manterase a prohibición de instalar, almacenar ou introducir armas nucleares en territorio español.
- 3.º Procederase á redución progresiva da presenza militar dos Estados Unidos en España.
Resultado
[editar | editar a fonte]En contra do esperado, Felipe González —que anunciou que dimitiría se gañaba o "NON", o que parece que influíu en moitos votantes— conseguiu finalmente darlle a volta ás enquisas e o "SI" acabou impóndose no referendo que se celebrou o 12 de marzo de 1986, aínda que por unha estreita marxe. O "NON" triunfou en catro comunidades: Cataluña, País Vasco, Navarra e Canarias.[7] No País Vasco a campaña antiOTAN favoreceu o crecemento de Herri Batasuna, o partido da esquerda abertzale, que conseguiría cinco escanos nas eleccións de outubro de 1986.[8]
O presidente da plataforma cívica que propugnaba o «non» ao ingreso de España na OTAN foi o escritor Antonio Gala.[9]
O resultado do referendo, «a máis dura proba do seu prolongado mandato»,[10] reforzou o liderado de Felipe González, tanto no seu partido como no conxunto do país, como se puido comprobar nas eleccións xerais celebradas ese mesmo ano nas que o PSOE volveu conseguir a maioría absoluta, aínda que con 18 deputados menos que en 1982. Non foi alleo a iso que se superou a crise económica e entrouse nunha fase de forte expansión que se prolongará até 1992.[11][8]
Resultados por Comunidades Autónomas
[editar | editar a fonte]O resultado da votación foi o seguinte:[12]
Comunidade Autónoma | Electorado | Participación | Si | Non | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Votos | % | Votos | % | ||||
Andalucía | 4,810,221 | 61.55 | 1,868,623 | 67.38 | 904,635 | 32.62 | |
Aragón | 952,361 | 60.17 | 318,640 | 61.72 | 197,608 | 38.28 | |
Asturias | 907,599 | 56.36 | 273,074 | 57.28 | 203,622 | 42.72 | |
Illas Baleares | 524,710 | 52.03 | 151,881 | 61.11 | 96,663 | 38.89 | |
País Vasco | 1,644,108 | 65.41 | 336,518 | 32.45 | 700,539 | 67.55 | |
Illas Canarias | 1,003,385 | 55.39 | 242,015 | 46.31 | 280,639 | 53.69 | |
Cantabria | 402,339 | 59.64 | 140,251 | 63.96 | 79,031 | 36.04 | |
Castela e León | 2,071,409 | 56.44 | 627,633 | 61.54 | 392,251 | 38.46 | |
Castela-A Mancha | 1,283,563 | 58.30 | 451,729 | 68.42 | 208,484 | 31.58 | |
Cataluña | 4,614,731 | 62.80 | 1,263,416 | 46.28 | 1,466,639 | 53.72 | |
Estremadura | 823,281 | 61.96 | 305,219 | 65.79 | 158,723 | 34.21 | |
Galicia | 2,220,686 | 38.51 | 465,103 | 59.10 | 321,809 | 40.90 | |
A Rioxa | 202,523 | 59.97 | 69,405 | 63.92 | 39,174 | 36.08 | |
Comunidade de Madrid | 3,591,044 | 60.91 | 1,135,636 | 56.77 | 864,700 | 43.23 | |
Rexión de Murcia | 723,287 | 61.39 | 254,572 | 62.08 | 155,469 | 37.92 | |
Navarra | 396,841 | 62.64 | 99,815 | 43.28 | 130,828 | 56.72 | |
Comunidade Valenciana | 2,776,354 | 66.33 | 1,027,648 | 60.73 | 664,465 | 39.27 | |
Total | 29,024,494 | 59.42 | 9,054,509 | 56.85 | 6,872,421 | 43.15 |
Evolución posterior da relación de España coa OTAN
[editar | editar a fonte]En 1997, durante o mandato de José María Aznar, España incorporouse á estrutura militar integrada da OTAN (incumpríndose o primeiro condicionante do acordo). O segundo precepto foi emendado, introducíndose unha cláusula pola que Estados Unidos pode instalar, almacenar ou introducir armas nucleares en territorio español, previa autorización do Goberno de España. Ademais, desde 1986 non se procedeu á redución progresiva da presenza militar de Estados Unidos en España, senón que foi aumentándose paulatinamente, co que se pode considerar o terceiro precepto tamén incumprido.
Segundo o acordo ao que se chegou cos estados asinantes do tratado, para o caso de Ceuta e Melilla non están obrigados a defender a soberanía española dun posible ataque exterior.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Organización del Tratado del Atlántico Norte (OTAN)».
- ↑ El gobierno somete a referéndum el 12 de marzo su decisión de permanecer en la OTAN
- ↑ Ruiz 2002, p. 81-82.
- ↑ Juliá 1999, p. 266-267.
- ↑ Ruiz 2002, p. 80-86.
- ↑ Boletín Oficial del Estado de España - Real Decreto 214/1986, de 6 de febreiro, polo que se somete a referendo da Nación a decisión política do Goberno en relación coa Alianza Atlántica
- ↑ Ruiz 2004, p. 82-83.
- ↑ 8,0 8,1 Ruiz 2002, p. 86.
- ↑ Françoise Dubosquet Lairys. "Intelectual y prensa: Antonio Gala y El Independiente" (PDF). Instituto Cervantes. Consultado o 9 de abril de 2013.
- ↑ Ruiz 2004, p. 83.
- ↑ Juliá 1999, p. 268-269.
- ↑ "Referéndum consultivo en relación con la Alianza Atlántica". congreso.es (en castelán). 12 de marzo de 1986. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ Eric Solsten and Sandra W. Meditz. "Spain". countrystudies.us. Consultado o 18 de decembro de 2016.
Spain also hoped that membership in NATO, while providing no security guarantee to Ceuta and Melilla, might make Morocco's King Hassan II less likely to move against territory belonging to a NATO member
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Juliá, Santos (1999). Marcial Pons, ed. Un siglo de España. Política y sociedad. Madrid. ISBN 84-9537903-1.
- Ruiz, David (2002). Síntesis, ed. La España democrática (1975-2000). Política y sociedad. Madrid. ISBN 84-9756-015-9.