Carapuchiña Vermella, a quen tes medo?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Red Riding Hood")
Carapuchiña Vermella, a quen tes medo?
Título orixinal Red Riding Hood
Red riding hood.png
Ficha técnica
Director Catherine Hardwicke
Produtor Leonardo DiCaprio
Jennifer Davisson Killoran
Julie Yorn
Guión David Johnson
Baseado en
Intérpretes Amanda Seyfried
Gary Oldman
Billy Burke
Shiloh Fernandez
Max Irons
Virginia Madsen
Lukas Haas
Julie Christie
Música Brian Reitzell
Alex Heffes
Fotografía Mandy Walker
Montaxe Nancy Richardson
Julia Wong
Estudio Appian Way Productions
Distribuidor Warner Bros.
Ano Hollywood: 7 de marzo de 2011
Galicia 22 de agosto de 2015 (TVG)
Duración 100 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Thriller, Fantasía
Orzamento $42 000 000[1]
Recadación $89 162 162
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? (en inglés: Red Riding Hood) é un filme estadounidense dirixido por Catherine Hardwicke e protagonizado por Amanda Seyfried que foi estrado no 2011. Está baseado no conto popular de Carapuchiña Vermella recollido por Charles Perrault baixo o nome de "Le Petit Chaperon Rouge", e algunhas décadas despois polos irmáns Grimm como "Rotkäppchen". Estreouse en galego na TVG o 22 de agosto de 2015.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Esta nova versión de "Carapuchiña Vermella" relata como durante décadas os habitantes da vila de Daggerhorn mantiveron un complicado pacto cun Lobishome. Sacrifican un animal unha vez ó mes para contentar a besta que os atemoriza cada lúa chea. Pero baixo unha lúa de cor vermello sangue, o lobo leva a vida dun ser humano, aumentando así o prezo do pacto. A vítima é a irmá maior de Valerie, unha fermosa rapaza que acaba de descubrir que os seus pais van casala con Henry, o herdeiro da familia máis rica do pobo. Pero ela está namorada de Peter, o humilde leñador ó que amou toda a vida. Para evitar que os separen, a parella decide fuxir, pero o lobo troca os seus plans. Os veciños da vila piden axuda ó reverendo Solomon, un cazador de homes lobo, para que remate coa besta dunha vez por todas. Pero a chegada de Solomon revoluciona aínda máis o lugar cando lles advirte a todos de que o lobo adquire forma humana durante o día e que podería ser calquera deles. Agora todos son sospeitosos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. Teletexto.com (ed.). http://www.teletexto.com/teletexto.asp?tv=a&programacion=TVG&f=22/08/2015. Consultado o 22 de agosto de 2015.  Falta o |título= (Axuda)
  3. Amanda Seyfried's Romantic Interest Cast in Hardwicke's 'Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Retrieved 2011-01-06.
  4. 'Candyman' Victim Mothers 'Red Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Retrieved 2011-01-06.
  5. 5,0 5,1 5,2
  6. Virginia Madsen Next for Red Riding Hood. DreadCentral.com. Retrieved 2011-01-06.
  7. Shiloh Fernandez joins The Girl With The Red Riding Hood
  8. Gary Oldman, Max Irons Round Out 'Red Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Retrieved 2011-01-06.
  9. Supporting Cast Sign For Red Riding Hood. EmpireOnline.com. Retrieved 2011-01-06.
  10. Michael Hogan Joins Red Riding Hood Cast. Horror-Asylum.com. Retrieved 2011-01-06.
  11. Lukas Haas Seeks the Girl With the 'Red Riding Hood' Bloody-Disgusting.com. Retrieved 2011-01-06.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]