Carapuchiña Vermella, a quen tes medo?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carapuchiña Vermella, a quen tes medo?
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalRed Riding Hood
DirectorCatherine Hardwicke
ProdutorLeonardo DiCaprio
Jennifer Davisson Killoran
Julie Yorn
GuiónDavid Johnson
IntérpretesAmanda Seyfried
Gary Oldman
Billy Burke
Shiloh Fernandez
Max Irons
Virginia Madsen
Lukas Haas
Julie Christie
MúsicaBrian Reitzell
Alex Heffes
FotografíaMandy Walker
MontaxeNancy Richardson
Julia Wong
EstudioAppian Way Productions
DistribuidoraWarner Bros.
EstreaHollywood: 7 de marzo de 2011
Galicia 22 de agosto de 2015 (TVG)
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense e fantasía
Orzamento$42 000 000[1]
Recadación$89 162 162
Na rede
https://www.warnerbros.com/red-riding-hood
IMDB: tt1486185 Filmaffinity: 872624 Allocine: 170918 Rottentomatoes: m/girl_with_the_red_riding_hood Mojo: redridinghood Allmovie: v515471 TCM: 796532 Metacritic: movie/red-riding-hood TV.com: movies/red-riding-hood Netlix: 70167073Editar o valor em Wikidata

Carapuchiña Vermella, a quen tes medo? (en inglés: Red Riding Hood) é un filme estadounidense dirixido por Catherine Hardwicke e protagonizado por Amanda Seyfried que foi estrado no 2011. Baséase no conto popular de Carapuchiña Vermella recollido por Charles Perrault baixo o nome de "Le Petit Chaperon Rouge", e algunhas décadas despois polos irmáns Grimm como "Rotkäppchen". Estreouse en galego na TVG o 22 de agosto de 2015.[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Esta nova versión de "Carapuchiña Vermella" relata como durante décadas os habitantes da vila de Daggerhorn mantiveron un complicado pacto cun Lobishome. Sacrifican un animal unha vez ó mes para contentar a besta que os atemoriza cada lúa chea. Pero baixo unha lúa de cor vermella sangue, o lobo leva a vida dun ser humano, aumentando así o prezo do pacto. A vítima é a irmá máis vella de Valerie, unha fermosa rapaza que acaba de descubrir que os seus pais van casala con Henry, o herdeiro da familia máis rica do pobo. Pero ela está namorada de Peter, o humilde leñador ó que amou toda a vida. Para evitar que os separen, a parella decide fuxir, pero o lobo troca os seus plans. Os veciños da vila piden axuda ó reverendo Solomon, un cazador de homes lobo, para que remate coa besta dunha vez por todas. Pero a chegada de Solomon revoluciona aínda máis o lugar cando lles advirte a todos de que o lobo adquire forma humana durante o día e que podería ser calquera deles. Agora todos son sospeitosos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Programación de TVG para el día 22". Teletexto.com. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  3. Amanda Seyfried's Romantic Interest Cast in Hardwicke's 'Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06.
  4. 'Candyman' Victim Mothers 'Red Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06.
  5. 5,0 5,1 5,2
  6. Virginia Madsen Next for Red Riding Hood. DreadCentral.com. Consultado o 2011-01-06.
  7. "Shiloh Fernandez joins The Girl With The Red Riding Hood". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2011. 
  8. Gary Oldman, Max Irons Round Out 'Red Riding Hood'. Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06.
  9. Supporting Cast Sign For Red Riding Hood. EmpireOnline.com. Consultado o 2011-01-06.
  10. Michael Hogan Joins Red Riding Hood Cast. Horror-Asylum.com. Consultado o 2011-01-06.
  11. Lukas Haas Seeks the Girl With the 'Red Riding Hood' Bloody-Disgusting.com. Consultado o 2011-01-06.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]