Receptor de andróxenos de membrana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os receptores de andróxenos de membrana (mARs) son un grupo de receptores acoplados á proteína G (GPCRs) que se unen e son activados pola testosterona e/ou outros andróxenos, que se encontran na membrana plasmática.[1][2][3] A diferenza do receptor de andróxenos (AR), que é un receptor nuclear que produce os seus efectos por medio de mecanismos xenómicos, os mARs son receptores da superficie celular que alteran rapidamente a sinalización celular por modulación da fervenza de sinalización intracelular.[2][3] Entre os mARs coñecidos ou propostos están o ZIP9 e o GPRC6A.[2][4]

O GPRC6A está implicado na función testicular e o cancro de próstata.[2][3] Tamén se observou que os mARs se expresan en células de cancro de mama.[5] A activación de mARs pola testosterona incrementa a forza do músculo esquelético, o que indica potenciais efectos anabólicos.[6] Os mARs tamén foron implicados en efectos antigonadotrópicos dos andróxenos.[7] O 3α-androstanediol, un metabolito activo da dihidrotestosterona (DHT) e un andróxeno débil así como un neurosteroide por medio da súa acción como modulador alostérico positivo do receptor do GABAA, inflúe rapidamente na receptividade e o comportamento sexual en animais, un efecto que depende do receptor do GABAA.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bennett NC, Gardiner RA, Hooper JD, Johnson DW, Gobe GC (2010). "Molecular cell biology of androgen receptor signalling". Int. J. Biochem. Cell Biol. 42 (6): 813–27. PMID 19931639. doi:10.1016/j.biocel.2009.11.013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Wang C, Liu Y, Cao JM (2014). "G protein-coupled receptors: extranuclear mediators for the non-genomic actions of steroids". Int J Mol Sci 15 (9): 15412–25. PMC 4200746. PMID 25257522. doi:10.3390/ijms150915412. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Lang F, Alevizopoulos K, Stournaras C (2013). "Targeting membrane androgen receptors in tumors". Expert Opin. Ther. Targets 17 (8): 951–63. PMID 23746222. doi:10.1517/14728222.2013.806491. 
  4. Pi M, Quarles LD (xuño de 2011). "GPRC6A regulates prostate cancer progression". Prostate 72 (4): 399–409. PMC 3183291. PMID 21681779. doi:10.1002/pros.21442. 
  5. Papadopoulou N, Papakonstanti EA, Kallergi G, Alevizopoulos K, Stournaras C (2009). "Membrane androgen receptor activation in prostate and breast tumor cells: molecular signaling and clinical impact". IUBMB Life 61 (1): 56–61. PMID 19109827. doi:10.1002/iub.150. 
  6. Dent JR, Fletcher DK, McGuigan MR (2012). "Evidence for a Non-Genomic Action of Testosterone in Skeletal Muscle Which may Improve Athletic Performance: Implications for the Female Athlete". J Sports Sci Med 11 (3): 363–70. PMC 3737931. PMID 24149341. 
  7. 7,0 7,1 Foradori CD, Weiser MJ, Handa RJ (2008). "Non-genomic actions of androgens". Front Neuroendocrinol 29 (2): 169–81. PMC 2386261. PMID 18093638. doi:10.1016/j.yfrne.2007.10.005. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.