Rebordondo, Monterrei
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rebordondo.
Rebordondo | |
---|---|
![]() Capela de San Pacio en Paradiña | |
Concello | Monterrei[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°59′35″N 7°32′21″O / 41.99319444, -7.53908333Coordenadas: 41°59′35″N 7°32′21″O / 41.99319444, -7.53908333 |
Poboación | 0 hab. (2015) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Rebordondo é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Monterrei. Segundo o IGE[2] en 2015 estaba despoboada a única entidade de poboación da parroquia[3], o lugar de Paradiña. Este lugar xunto cos lugares de Rebordondo e Pena Verde da parroquia civil de Rebordondo do veciño concello de Cualedro, forman a parroquia eclesiástica de Rebordondo do arciprestado da Limia da diocese de Ourense.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2015. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de abril de 2021.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Rebordondo[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Rebordondo no concello de Monterrei (Ourense) | |
---|---|