Rebordondo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rebordondo.
| Rebordondo | |
|---|---|
| Diocese: | Ourense |
| Arciprestado: | A Limia |
| Área: | - km² |
| Poboación: | 218 hab. (2015) |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 3 |
San Martiño de Rebordondo é unha parroquia eclesiástica pertencente ao arciprestado da Limia da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Cualedro e o de Monterrei. No ano 2015 tiña 218 habitantes (113 homes e 105 mulleres) distribuídos en dúas entidades de poboación Pena Verde e Rebordondo. O lugar de Paradiña no concello de Monterrei tamén pertence a esta parroquia, se ben en 2015 estaba deshabitado. Nese ano había unha diminución de 55 habitantes en relación ao ano 2000.