Raquel Córcoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raquel Córcoles
Too modern to be a villager! 03.jpg
AlcumeModerna de Pueblo
Nacemento31 de decembro de 1986
 Reus
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Rey Juan Carlos e Universidade Rovira i Virgili
Ocupaciónilustrador de banda desenhada e ilustradora
editar datos en Wikidata ]

Raquel Córcoles, nada en Reus en 1986, máis coñecida como Moderna de Pueblo, é unha ilustradora e autora de banda deseñada catalá.[1]

O nome de Moderna de Pueblo provén dunha personaxe creada durante a década de 2010, que se converteu nun fenómeno viral con máis de 200 mil seguidores en Facebook.[2] En 2010 gañou a bolsa Carnet Jove Connecta't al Còmic e publicou o primeiro libro protagonizado pola personaxe de la moderna , unha banda deseñada titulada Soy de pueblo e editada por Glénat.[3] As primeiras colaboracións na prensa foron na revista El Jueves.[4] As súas historietas abordan personaxes da cultura urbana, como hispters.[2]

O seu proxecto Moderna de Pueblo está formado por ela e polo seu compañeiro de traballo Carlos Carrero que se incorporou de todo para publicar o libro Cooltureta: la novela gráfica en 2014.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Soy de pueblo (13 de xaneiro de 2011)
  • Los capullos no regalan flores (13 de xullo de 2011)
  • Cooltureta: la novela gráfica. (10 de marzo de 2014)
  • Idiotizadas, un cuento de empoderhadas (29 de outubro de 2017)[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pueblo Moderno: ¡Los capullos no regalan flores! artigo en En feminino do 13 de abril de 2013
  2. 2,0 2,1 Raquel Córcoles: "Moderna de Pueblo y Cooltureta no podrían ser novios, sólo amigos" reportaxe en RTVE do 20 de maio de 2015
  3. Sóc de poble en Comicat, 25 de marzo de 2011
  4. Jot Down, ed. (8 de xuño de 2015). "Paula Bonet y Raquel Córcoles: «Siempre hemos sido explicadas desde una voz masculina en la que nosotras pintábamos poco»" (en español). 
  5. "¿Quiénes somos? / FAQ" (en castelán). Consultado o 2018-12-22. 
  6. "Libros" (en castelán). Consultado o 2018-12-22.