SK Rapid Wien
Rapid Viena | |||
---|---|---|---|
Nome | Sportklub Rapid Wien | ||
Fundación | 22 de xullo de 1897 (127 anos) | ||
Estadio | Allianz Stadion, Viena, Austria | ||
Inauguración | 2016 | ||
Capacidade | 28,345 | ||
Presidente | Martin Bruckner | ||
Adestrador | Ferdinand Feldhofer | ||
Liga | Bundesliga austríaca | ||
2022/23 | 4.º | ||
Na rede | |||
skrapid.at | |||
| |||
O Sportklub Rapid Wien, coñecido como Rapid Viena, é un club de fútbol austríaco con sede en Viena. Fundado en 1897, é o club máis laureado da Bundesliga austríaca, con 32 títulos, incluída a edición inaugural na tempada 1911/12. Ademais gañou 14 veces a Copa de Austria e trala anexión de Austria pola Alemaña nazi, proclamouse vencedor do campionato alemán de 1941. O Rapid chegou en dúas ocasións á final da Recopa de Europa, en 1985 e 1996, perdendo en ambas as ocasións. Disputa os seus partidos como local no estadio Gerhard Hanappi, en Hütteldorf, no distrito vienés de Penzing.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en Viena en 1897 co nome de Erster Wiener Arbeiter-Fußball-Club ("Primeiro Club de Fútbol Obreiro de Viena"). As cores orixinais do equipo eran o vermello e o azul, que o club aínda adoita usar a miúdo nos partidos como visitante. O 8 de xaneiro de 1899 recibiu o seu actual nome de Sportklub Rapid Wien, seguindo o exemplo do Rapide Berlin.[1] En 1904 as cores do equipo foron cambiadas a verde e branco. O club gañou o primeiro campionato nacional de Austria na tempada 1911/12 por un só punto,[2] e revalidou o título na tempada seguinte.[3]
Período de entreguerras
[editar | editar a fonte]O Rapid foi o club dominante do fútbol austríaco durante o período de entreguerras, unha época na que Austria era unha das principais nacións futbolísticas do continente europeo. Entre 1919 a 1921 gañou tres campionatos consecutivos.[4] Despois da anexión de Austria pola Alemaña nazi en 1938, o Rapid uniuse ao sistema de fútbol alemán, xogando na primeira división rexional Gauliga Ostmark xunto con clubs como o Wacker Wien e o Admira Vienna. En 1938, o Rapid proclamouse campión da Tschammerpokal, predecesora da actual DFB-Pokal, en cunha vitoria por 3-1 sobre o FSV Frankfurt, e en 1941 conquistou o campionato alemán ao derrotar na final ao Schalke 04, o mellor club alemán da época. O equipo foi capaz de remontar un 3-0 adverso na parte final do partido, con catro goles en 11 minutos, tres deles obra de Franz Binder.
Posguerra
[editar | editar a fonte]Como campión austríaco da tempada 1954/55, o Rapid foi o representante do país na edición inaugural da Copa de Europa. No primeiro encontro goleou por 6-1 ao PSV, cun triplete de Alfred Körner, o que lle serviu para pasar á segunda fase, a pesar de perder 1-0 no partido de volta. No partido de ida dos cuartos de final empatou 1-1 na casa contra o Milan, antes de caer goleado por 7-2 na volta en San Siro, quedando así eliminado.[5]
A mellor actuación do Rapid na Copa de Europa tivo lugar na tempada 1960/61, cando chegou ás semifinais, onde foi eliminado polo Benfica, posterior vencedor do torneo.[5]
O club viuse envolto nun episodio polémico en 1984 cando eliminou ao Celtic dos oitavos de final da Recopa de Europa. O Celtic gañaba 4-3 no resultado global e cando quedaban 14 minutos de eliminatoria o Rapid concedeu un penalti. Mentres os xogadores do Rapid protestaban ante os árbitros, o seu defensa Rudolf Weinhofer caeu ao chan e afirmou que fora alcanzado por unha botella lanzada dende a bancada. Con todo, as imaxes televisivas mostraron claramente que se lanzou unha botella ao terreo de xogo pero que esta non golpeou a Weinhofer. O partido rematou 4-3, pero o Rapid apelou á UEFA para que se repetise e ambos os equipos foron multados. O recurso de repetición foi rexeitado inicialmente, pero o Rapid apelou por segunda vez. Nesta ocasión duplicouse a multa ao Rapid pero a UEFA tamén estipulou que o partido se repetise a máis de 160 km do estadio do Celtic. O partido disputouse o 12 de decembro de 1984 en Old Trafford, Manchester, e o Rapid gañou 1-0 mediante un gol de Peter Pacult.[6]
O Rapid continuou avanzando fases e acadou a final, que acabou perdendo por 3-1 ante o Everton en Rotterdam. Volveu chegar a unha final da mesma competición 11 anos despois, volvendo perder, esta vez por 1-0 ante o Paris Saint-Germain en Bruxelas.[7]
O Rapid alcanzou a fase de grupos da Liga de Campións por última vez na edición de 2005/06 tras vencer na previa ao F91 Dudelange de Luxemburgo por un resultado global de 9-3 e ao Lokomotiv Moscova por 2-1. Finalmente quedaron últimos do seu grupo tras perder todos os seus partidos contra o Bayern de Múnic, a Juventus e o Club Brugge.[5]
Estadio
[editar | editar a fonte]O Rapid disputa os seus encontros como local no Allianz Stadion, inaugurado en 2016. Anteriormente, dende 1977, xogou no estadio Gerhard Hanappi, situado no mesmo lugar e que levaba o nome do seu arquitecto, Gerhard Hanappi, que ademais fora xogador do club de 1950 a 1965.[8] Durante o tempo que durou a construción do novo estadio, o o Rapid xogou os seus partidos como local no estadio Ernst Happel.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Bundesliga de Austria (32): 1911–12, 1912–13, 1915–16, 1916–17, 1918–19, 1919–20, 1920–21, 1922–23, 1928–29, 1928–29, 31, 3, 3, 3 –38, 1939–40, 1940–41, 1945–46, 1947–48, 1950–51, 1951–52, 1953–54, 1955–56, 1956–57, 1956–57, 1951–69 61 61 61 61, 1967–68, 1981–82, 1982–83, 1986–87, 1987–88, 1995–96, 2004–05, 2007–08.
- Copa de Austria (14): 1918–19, 1919–20, 1926–27, 1945–46, 1960–61, 1967–68, 1968–69, 1971–72, 1975–76, 1982–838, 1982–838, –85, 1986–87, 1994–95.
- Supercopa de Austria (3): 1986, 1987, 1988.
- Campionato de Alemaña (1): 1941.
- Copa de Alemaña (1): 1938.
- Copa Mitropa (2): 1930, 1951.
Adestradores
[editar | editar a fonte]- Dionys Schönecker (1910–25)
- Stanley Wilmott (1925–26)
- Edi Bauer (1926–36)
- Leopold Nitsch (1936–45)
- Hans Pesser (1 de xullo de 1945 – 28 de febreiro de 1953)
- Josef Uridil (1953–54)
- Viktor Hierländer (1954–55)
- Leopold Gernhardt (1955)
- Franz Wagner (1955)
- Alois Beranek (1956)
- Franz Wagner (1956)
- Max Merkel (1 de xullo de 1956 – 30 de xuño de 1958)
- Rudolf Kumhofer (1958–59)
- Robert Körner (1 de xullo de 1959 – 30 de xuño de 1966)
- Rudolf Vytlacil (1 de xullo de 1966–68)
- Karl Decker (1968–70)
- Rudolf Vytlacil (1968 – 30 de abril de 1969)
- Karl Rappan (1969–70)
- Gerd Springer (1970–72)
- Robert Körner (1972)
- Ernst Hlozek (1 de abril de 1972 – 22 de abril de 1975)
- Josef Pecanka (1975)
- F. Binder / R. Körner (1 de setembro de 1975 – 30 de xuño de 1976)
- Antoni Brzezanczyk (1976–77)
- Robert Körner (1977)
- Karl Schlechta (1978–79)
- Walter Skocik (1 de xullo de 1979 – 1 de abril de 1982)
- Rudolf Nuske (1982)
- Otto Barić (1 de xullo de 1982 – 30 de xuño de 1985)
- Vlatko Marković (1 de xullo de 1985 – 30 de xuño de 1986)
- Otto Barić (1 de xullo de 1986 – 11 de setembro de 1988)
- Wilhelm Kaipel (interino) (12 de setembro de 1988 – 19 de setembro de 1988)
- Vlatko Marković (19 de setembro de 1988 – 30 de xuño de 1989)
- Hans Krankl (1 de xullo de 1989 – 30 de xuño de 1992)
- August Starek (1 de xullo de 1992 – 31 de maio de 1993)
- Hubert Baumgartner (1 de xullo de 1993 – 22 de maio de 1994)
- Ernst Dokupil (23 de maio de 1994 – 1 de abril de 1998)
- Heribert Weber (1 de abril de 1998 – 1 de maio de 2000)
- Ernst Dokupil (1 de xullo de 2000 – 18 de agosto det 2001)
- Peter Persidis (interino) (18 Aug 2001 – 5 de setembro de 2001)
- Lothar Matthäus (6 de setembro de 2001 – 10 de maio de 2002)
- Josef Hickersberger (1 de xullo de 2002 – 31 de decembro de 2005)
- Georg Zellhofer (1 Jan 2006 – 27 de agosto det 2006)
- Peter Pacult (5 de setembro de 2006 – 11 de abril de 2011)
- Zoran Barisic (interino) (11 de abril de 2011 – 30 de maio de 2011)
- Peter Schöttel (1 de xuño de 2011 – 17 de abril de 2013)
- Zoran Barisic (17 de abril de 2013 – 6 de xuño de 2016)
- Mike Büskens (7 de xuño de 2016 – 7 de novembro de 2016)
- Damir Canadi (11 de novembro de 2016 – 8 de abril de 2017)
- Goran Djuricin (9 de abril de 2017 – 29 de setembro de 2018)
- Dietmar Kühbauer (1 de outubro de 2018 – 10 de novembro de 2021)
- Steffen Hofmann (interino) (11 de novembro de 2021 – 28 de novembro de 2021)
- Ferdinand Feldhofer (29 de novembro de 2021 – 30 de xuño de 2023)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stein der Erinnerung für Wilhelm Goldschmidt". skrapid.at (en alemán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ "Austria 1911/12". rsssf.org (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ "Austria 1912/13". rsssf.org (en alemán). Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ "Austria - List of Champions". rsssf.org (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "SK Rapid Wien". UEFA (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ "Erinnerungen an Hassduell". sportv1.orf.at (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ "European Champions' Cup Finals 1961-99". rsssf.org (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ "Das grün-weiße Jahrhundertprojekt: Unser neues Stadion". skrapid.at (en inglés). 10 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2014. Consultado o 7 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en alemán).
- Datos do club no sitio web da UEFA (en inglés).
- Datos do club en eufo.de (en inglés).