Ficaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ranunculus ficaria»)

A ficaria[3] (Ficaria verna, antes Ranunculus ficaria) é unha planta herbácea perenne de porte pequeno, con follas brillantes sen pelos, con forma parecida a corazóns. Pertence ao xénero Ranunculus, dentro da familia das ranunculáceas. Tamén recibe o nome de herba das almorrás[3] debido a uns engrosamentos nas súas raíces que lembran as hemorroides.

Descrición[editar | editar a fonte]

As plantas son herbas perennes, cunhas raíces tuberosas, cilíndricas con engrosamentos case na superficie que lembran ás hemorroides. As follas de máis de 1 cm con limbo ovado-cordado, enteiro ou crenado son de cor verde escura brillante e longamente pecioladas. Ten flores solitarias, hermafroditas, actinomorfas, grandes entre 1,5 a 4 cm e perianto de 3 sépalos, con 7 ou máis pétalos (até 20) de cor amarela brillante, con fosa nectarífera cuberta por unha escama. No centro da flor obsérvanse numerosos estames en círculo que rodean uns “gránulos” na zona central que formarán o froito da planta (poliaquenios).

Flores de ficaria.

Florece durante o inverno, a partir de mediados de febreiro, e a primavera en zonas húmidas, pasteiros, ribeiras e bosques frescos en xeral (reboredos, faiais...), a calquera altitude se as condicións son as adecuadas.

Detalle da folla

Localización[editar | editar a fonte]

Encóntrase en pasteiros, nitrófilos, en lugares sombreados e frescos, sobre todo en marxes de regatos e zonas húmidas. Desenvólvese en toda Europa e no oeste de Asia. Introducida como planta invasiva en Norteamérica. Pódese atopar en toda a Península Ibérica.

Usos[editar | editar a fonte]

  • Durante moito tempo usouse, de acordo coa teoría dos signos, para tratar as hemorroides debido á semellanza das súas raíces coa forma destasHai quen afirma que é realmente efectiva xa que podería ter propiedades vasoconstritoras polo que se reduciría a dilatación dos vasos sanguíneos da zona enferma e por tanto diminuiría a inflamación.
  • Hemostático.
  • Tamén se utilizou contra o escorbuto, debido ao alto contido en vitamina C das súas follas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ranunculus ficaria foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 550. 1753.[4]

Citoloxía

O número cromosomático desta especie e dos seus taxons infraespecificos é: 2n = 24[5][6]

Etimoloxía

Ranunculus: nome xenérico que provén do latín tardío que significa "ranciña", de "ra" e un diminutivo final. Isto probablemente refírese a moitas especies que se atopan preto da auga, como as ras.

ficaria: epíteto

Sinonimia
  • Caltha hiranoi Tamura
  • Chelidonium minus Garsault
  • Ficaria ambigua Boreau
  • Ficaria aperta Schur
  • Ficaria boryi Heldr. ex Nyman
  • Ficaria bulbifera (Á.Löve & D.Löve) Holub
  • Ficaria communis Dum.Cours.
  • Ficaria degenii Harv.
  • Ficaria ficaria (L.) H.Karst.
  • Ficaria holubyi Schur
  • Ficaria intermedia Schur
  • Ficaria peloponnesiaca Nyman
  • Ficaria polypetala Gilib.
  • Ficaria pumila Velen. ex Bornm.
  • Ficaria ranunculiflora Moench ex St.-Lag.
  • Ficaria ranunculoides Roth
  • Ficaria robertii F.W.Schultz
  • Ficaria rotundifolia Schur
  • Ficaria stepporum P.A.Smirn.
  • Ficaria transsilvanica Schur
  • Ficaria varia Otsch.
  • Ficaria verna
  • Ficaria verna f. divergens (F.W.Schultz) Soó
  • Ficaria verna f. marmorata Priszter
  • Ficaria vernus f. divergens Zapal.
  • Ficaria vulgaris J.St.-Hil.
  • Ranunculus ficaria var. bulbifera Albert[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficaria verna". ThePlantList species. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  2. "Ficaria verna". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Termos esenciais de botánica, páx 42, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.
  4. "Ficaria". 
  5. Aportación al conocimiento cariológico del género Ranunculus L. subgénero ficaria (Schaeffer) L. Benson en la Península Ibérica. Diosdado, J. C. & J. Pastor. Acta Bot. Malacitana 18: 77-88 (1993).
  6. Real Jardín Botánico (ed.). "Xénero Ficaria". Flora Ibérica. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2012. Consultado o 23 de maio de 2011. 
  7. "Ficaria verna Huds.". The Plant List. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 13 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]