Saltar ao contido

Ramón Vilar Landeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Vilar Landeira
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Rodís, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciatura en Filoloxía Galega
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa
Premios

BNE: XX5419169 AELG: 494 Dialnet: 4983388

Ramón Vilar Landeira, nado en Rodís (Cerceda) en 1973, é un xornalista, profesor e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia, onde mantivo ao longo de máis de dous anos unha columna de opinión diaria titulada Radiografías, logo pasaría a encargarse de cubrir as noticias da bisbarra de Ordes para a edición de Santiago de Compostela. Dende finais de 2004 ata outubro de 2006 formou parte da redacción do xornal Faro de Vigo en Deza-Tabeirós-Terra de Montes. Foi o último director de Vieiros, dende finais de outubro de 2006 ata o 24 de xullo de 2010.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • 2006: Segundo premio na segunda edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo polo artigo Un idioma na cetaria, que analiza o problema da diglosia.
  • 2006: Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà
  • 2006: Premio Valle-Inclán de Relato Curto, na súa quinta edición, coa obra Arrítmicos eran os corazóns, do que salienta o seu retrato do ambiente dos suburbios na cidade da Coruña, así como a figuración duns personaxes ben reflectidos e unha interesante carga erótica.
  • 2015: Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela do concello da Estrada.[3]
  • 2024: VII Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey por A veciña do segundo[4]
  1. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-07-16. 
  2. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-07-16. 
  3. "Ramón Vilar recibe el Premio Manuel Reimóndez Portela". Faro de Vigo (en castelán). 26 de setembro de 2015. 
  4. Diario, Nós (2024-06-15). "O escritor e xornalista Ramón Vilar gaña o VII Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey". Nós Diario. Consultado o 2024-06-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]