Ramón Arbones Carballido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1857 Ponteareas, España |
Morte | 19 de xaneiro de 1931 (73/74 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Familia | |
Cónxuxe | Elisa Román Filgueira |
Ramón Arbones Carballido, nado en Ponteareas en 1857 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1931[1], foi un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sendo novo trasladouse de Ponteareas a Vigo e converteuse nun dinamizador da vida cultural da cidade, poñendo en marcha entre outros, a creación da sociedade recreativa, da que sería presidente honorario, foi tamén representante en Vigo do Banco Vitalicio de España, así como socio fundador do Banco de Vigo, de Tranvías de Vigo, membro do Consello de Administración da Cámara de Comercio de Vigo no segundo mandato da historia da institución,[2] presidente da Cruz Vermella e promotor do monumento funerario, no cemiterio de Pereiró, aos repatriados de Cuba de 1898 falecidos. Foi concelleiro no concello de Vigo[3].
Foi bo amigo de Reveriano Soutullo, e tanto na súa primeira edición coma na segunda, varias das súas partituras levan dedicatorias impresas ás súas fillas Elisa e Rosa[4]. A súa casa é hoxe un dos edificios singulares de Vigo, obra de Jenaro de la Fuente.
Tamén pertenceu ao comité rexionalista como vogal, xunto a Pío Lino Cuíñas, comité do que era presidente de honra Manuel Murguía e vicepresidente Nicolás Taboada.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Elisa Román Filgueira e tiveron tres fillos: Rafael, Elisa e Rosa Arbones Román.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Letras de luto: Don Ramón Arbones Carballido". El Pueblo Gallego. 21 de xaneiro de 1931. p. 2.
- ↑ "Antonio B. Conde, un año en la Cámara (1893-1894)". camarapvv.com.[Ligazón morta]
- ↑ "La Corporación tomará posesión en enero". Faro de Vigo. 11de Noviembre de 1913.
- ↑ "Amoedo Portela, A. (2019). El piano en la obra de Reveriano Soutullo Otero (1880 - 1932) pag. 609". riunet.upv.es. 05 de Diciembre de 2019.