Pío Lino Cuíñas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1851 Vigo, España |
Morte | 15 de xullo de 1927 (75/76 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Fillos | Humberto Cuíñas |
Pío Lino Cuíñas Pereira, nado en Vigo en 1851 e finado na mesma cidade o 15 de xullo de 1927[1], foi un poeta e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Poeta en castelán e ás veces en galego, publicou páxinas humorísticas en prosa e en verso en castelán. O seu poema "O cae-la tarde" foi galardoado cun accésit no certame de Vigo en 1881. Colaborou en Galicia Cómica, Patria Gallega e nos seus últimos anos en Faro de Vigo cos pseudónimos Ambrosio e El Huérfano de Bembibre. Foi autor do Himno de Vigo, que escribiu en 1907 por encargo do concello.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Humberto e Celso Cuíñas González.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "Cuiñas Pereira, Pío Lino". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 324.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pío Lino Cuíñas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Afife Afife (2015). "Pío L. Cuíñas: risas en dos siglos". Glaucopis. Boletín del Instituto de Estudios Vigueses (20): 155–164.
- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo: Galaxia. p. 462. ISBN 84-7154-390-7.
- Espinosa Rodríguez, José (1970). Concello de Vigo, ed. "Los artífices del Vigo moderno: Pío Lino Cuiñas Pereira". Boletín de información del Excmo. Ayuntamiento de Vigo (10).