Saltar ao contido

Ramón Arbones Carballido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Arbones Carballido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1857 Editar o valor en Wikidata
Ponteareas Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1931 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElisa Román Filgueira Editar o valor en Wikidata

Ramón Arbones Carballido, nado en Ponteareas en 1857 e finado en Vigo o 19 de xaneiro de 1931[1], foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sendo novo trasladouse de Ponteareas a Vigo e converteuse nun dinamizador da vida cultural da cidade, poñendo en marcha entre outros, a creación da sociedade recreativa, da que sería presidente honorario, foi tamén representante en Vigo do Banco Vitalicio de España, así como socio fundador do Banco de Vigo, de Tranvías de Vigo, membro do Consello de Administración da Cámara de Comercio de Vigo no segundo mandato da historia da institución,[2] presidente da Cruz Vermella e promotor do monumento funerario, no cemiterio de Pereiró, aos repatriados de Cuba de 1898 falecidos. Foi concelleiro no concello de Vigo[3].

Foi bo amigo de Reveriano Soutullo, e tanto na súa primeira edición coma na segunda, varias das súas partituras levan dedicatorias impresas ás súas fillas Elisa e Rosa[4]. A súa casa é hoxe un dos edificios singulares de Vigo, obra de Jenaro de la Fuente.

Tamén pertenceu ao comité rexionalista como vogal, xunto a Pío Lino Cuíñas, comité do que era presidente de honra Manuel Murguía e vicepresidente Nicolás Taboada.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Elisa Román Filgueira e tiveron tres fillos: Rafael, Elisa e Rosa Arbones Román. Elisa e Rosa casaron con dous irmáns, Ernesto e Manuel Ferreira del Río, respectivamente, proprietarios de Jabones La Iberia Gallega.