Ramzan Kadyrov
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de outubro de 1976 Akhmat-Yurt, Rusia (en) |
| Lista de presidentes da Chechênia (pt) | |
| 15 de febreiro de 2007 – ← Alu Alkhanov (pt) | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Akhmat-Yurt (en) |
| Relixión | Sunnismo, sufismo e Cadirismo (pt) |
| Educación | Russian Academy of State Service (en) Dagestan State University (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Política |
| Ocupación | político, militar |
| Período de actividade | 1991 |
| Partido político | Rusia Unida |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Rusia |
| Rango militar | coronel-general (pt) |
| Participou no conflito | invasión rusa de Ucraína Segunda Guerra Chechena primeira guerra de Chechenia |
| Deporte | boxeo |
| Disciplina deportiva | boxeo |
| Participou en | |
| 17 de marzo de 2009 | Q4317451 |
| Outro | |
| Título | Master of Sports of Russia (en) |
| Cónxuxe | Medni Kadyrova |
| Fillos | Aishat Kadyrova, Akhmad Kadyrov, Adam Kadyrov |
| Pais | Akhmat Kadyrov |
| Irmáns | Zelimkhan Kadyrov |
| Parentes | Khalid Kadyrov, sobriño |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Lentapedia Lentapedia |

Ramzan Akhmadovich Kadyrov (en ruso: Рамзан Ахмадович Кадыров, en checheno: Къадар Ахьмат-кIант Рамзан), nado o 5 de outubro de 1976 é o Presidente da República de Chechenia e antigo membro do movemento checheno de independencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o fillo do antigo presidente checheno Akhmad Kadyrov, que foi asasinado en maio de 2004. En febreiro de 2007, Kadyrov substituíu a Alu Alkhanov como Presidente, o cal ocorreu pouco despois de cumprir 30 anos, que é a idade mínima que se precisa para ocupar o posto. Estivo involucrado en violentas loitas de poder cos señores da guerra Sulim Yamadayev e Said-Magomed Kakiev pola autoridade militar, e con Alu Alkhanov pola autoridade política.
Ramzan Kadyrov é membro de honra da Academia Rusa de Ciencias Naturais.[1] Fundou o Club de Loita Akhmat e estabeleceu o torneo de estilo libre Ramzan Kadyrov & Adlan Varayev. Dende novembro de 2015 é membro da Comisión Consultiva do Consello de Estado da Federación Rusa.[2][3]
En abril de 2017, xurdiron informes que confirman que os homes homosexuais de Chechenia estaban a ser arrestados, detidos en campos de concentración, e torturados como parte dun pogrom rexional.[4] Kadyrov prometeu "eliminar" a poboación homosexual de Chechenia antes de que remate o mes de maio de 2017.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Люпхъ Лярхякюбяйюъ (19 de xaneiro de 2006). Lenta, ed. "Йюбйюг: Юйюделхй, Гюыхрмхй Х Опнярн Бнкьеамхй". Consultado o 8 de abril de 2011.
- ↑ "Рамзан Кадыров включен в состав консультативной комиссии Госсовета РФ". ИА REGNUM. Consultado o 15 de maio de 2016.
- ↑ "Ramzan Kadyrov becomes new member of Advisory Commission of RF State Council". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2021. Consultado o 15 de maio de 2016.
- ↑ "‘They Starve You. They Shock You’: Inside the Anti-Gay Pogrom in Chechnya". The New York Times. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Chechnya's President vows to eliminate gay population by the end of May". Attitude. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 25 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramzan Kadyrov |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 16 de abril de 2007 en Wayback Machine.