Ramiro Carbón Fornos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Lagoa, España |
Morte | 23 de febreiro de 1946 A Capela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Ramiro Carbón Fornos, Lagoa, nado na Lagoa (Soaserra, Cabanas) e finado na Capela o 23 de febreiro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fuxido desde 1937, para evitar ir á guerra. Na primavera de 1944 organizou con Manuel Eive Villar, o seu irmán Evaristo Eive Villar e José Vázquez Mauriz un grupo guerrilleiro na comarca do Eume no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. En 1944 dirixiu unha partida na Capela. O 23 de febreiro de 1945 matou o miliciano José Rodríguez. Foi asasinado nunha emboscada da Garda civil en Vilar de Mouros o 23 de febreiro de 1946.
Trala súa morte puxeron o seu nome a un destacamento do Exército Guerrilleiro de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 46. ISBN 84-8485-231-8.
- Vázquez Arias, Juan Carlos (2017). "Fuxidos de Soaserra y Regoela (Cabanas)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (24): 7–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2018.