Saltar ao contido

Evaristo Eive Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEvaristo Eive Villar
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor en Wikidata
Regoela Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Eive Villar Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
13 de decembro de 1946-20 de decembro de 1946evasión do Santa Teresa Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 117798 Los de la sierra: 2180

Evaristo Eive Villar, nado en Regoela (Cabanas) en 1903 e finado no Uruguai, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Irmán de Manuel e José Eive Villar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Integouse no grupo liderado por José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López que loitaba na bisbarra do Eume. Na primavera de 1944 organizou co seu irmán Manuel, Ramiro Carbón Fornos e José Vázquez Mauriz, un grupo guerrilleiro no que moitos dos membros eran desertores da base naval de Ferrol. Logrou embarcar en decembro de 1946 rumbo a Francia na evasión do Santa Teresa. Exiliouse no Uruguai.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 58. ISBN 84-8485-231-8.