Ramón d'Andrés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón d'Andrés
Ramón d'Andrés Díaz.jpg
Nacemento28 de maio de 1959
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónescritor, filólogo e catedrático
PaiMánfer de la Llera
Irmánssen etiquetar
Premiospremio Fuertes Acevedo
Na rede
Dialnet: 993942
editar datos en Wikidata ]

Ramón d'Andrés ou Ramón de Andrés Díaz, nado en Madrid o 28 de maio de 1959, é un filólogo vencellado ao estudo da lingua asturiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo do escritor popular en asturiano Manuel d'Andrés Fernández "Mánfer de la Llera" (1918-2005). Criouse en Xixón, cidade onde viviu boa parte da súa vida.

É profesor titular de Filoloxía Española e Asturiana na Universidade de Oviedo, onde comezou a impartir a primeira a materia de Lingua Asturiana en 1985 e onde leu a súa tese de doutoramento, a primeira feita sobre sociolingüística asturiana e redactada nesta lingua en 1988. As súas pescudas téñense centrado sobre todo en aspectos gramaticais, dialectolóxicos e sociolingüísticos da lingua asturiana. Desenvolve tamén un intenso labor de divulgación en libros, ensaios e artigos de prensa.[Cómpre referencia]

É autor, xunto con Fernández Álvarez-Balbuena, Xosé Miguel Suárez Fernández y Miguel Rodríguez Monteavaro, do atlas lingüístico ETLEN (Estudio da Transición Lingüística na Zona Eo-Navia, Asturias, 2017), unha obra de dialectoloxía na fronteira entre o galegoportugués e o asturleonés, que inclui unha investigación de horiometría dialectal (medición matemático-estatística da fronteira entre dous dominios lingüísticos) e de dialectometría segundo a Escola de Salzburgo.

É membro numerario da Academia da Lingua Asturiana, en cuxo seo traballou intensamente nas Normes Ortográfiques, na Gramática de la Llingua Asturiana e no Diccionariu de la Llingua Asturiana.

Foi presidente da Fundación Caveda y Nava, entidade que traballou durante os anos 2002 e 2016 na procura do consenso lingüístico en Asturias. É coordinador do grupo de investigación Seminariu de Filoloxía Asturiana, da Universidade de Oviedo.

No período gobernamental 2003-2007 exerceu o cargo de Xefe da Oficina de Política Lingüística do Principado de Asturias. É membro da Xunta Asesora de Toponimia do Principado de Asturias, da que foi secretario no período mencionado.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Allugamientu de los pronomes átonos col verbu n’asturianu (1993)
  • Encuesta sociollingüística nuna parroquia asturiana (Deva-Xixón) (1993)
  • Gramática práctica de asturiano (1997)
  • Vocabulariu asturianu de la mina (1997, coautor xunto con Manuel d'Andrés
  • Reivindicación llingüística: unes reflexones (2002)
  • Cuestiones d’asturianu normativu (3 vols., 2001-2003)
  • Juicios sobre la lengua asturiana. Algunas cuestiones básicas acerca del debate lingüístico en Asturias (2002)
  • Diccionario Toponímico del Concejo de Gijón (2008)
  • L'asturianu que vien. Observaciones y suxerencies sobre l'asturianu normativu y el so usu (2008).
  • Palabres nueves n’asturianu. Proyectu Observatoriu Asturianu de Neoloxía y Terminoloxía (AsturNeo). Informe de los años 2010, 2011 y 2012 (2013).
  • Franco nos diccionarios y otres impertinencies alredor del llinguaxe y les llingües (2013).
  • Gramática comparada de las lenguas ibéricas (2013).
  • Estudiu de la Transición Llingüística na Zona Eo-Navia, Asturies (ETLEN). Atles llingüísticu dialectográficu - horiométricu - dialectométricu, (2017), coautor junto con Fernándo Álvarez-Balbuena, Xosé Miguel Suárez Fernández y Miguel Rodríguez Monteavaro.
  • Averamientu a la llingua asturiana. Nivel universitariu (2019).