Ramón Sandoval Pérez
Ramón Sandoval Pérez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1961 |
Lugar de nacemento | A Riba |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón Sandoval Pérez, nado na Riba[1] (Barantes, Sober) en 1961, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballa como funcionario de Correos. Dende 1995 reside en Vigo. Ata mediados dos anos neventa escribiu en castelán e colaborou con diversas revistas literarias como Aguamarina, Arboleda, Cuadernos de Poesía Nueva, El Parnaso, Gemma, Manxa, Nirvana Populi, Peliart e Temas de Asturias. Nesta época publicou o seu primeiro poemario Como una lluvia.
Desde 1995 empezou a escribir en galego. Publicou en 2013 Territorios estraños, galardoado co VI Premio de Poesía Victoriano Taibo. En 2017 saíu á luz Zocas e decibelios, libro no que están incluídos dous poemarios: A pel no asfalto e Cartografía da infancia. En 2019 publicou Nas esquinas do frío, premio de poesía Avelina Valladares.
Obras[editar | editar a fonte]
- Como una lluvia, 1990.
- Territorios estraños, 2013.
- Zocas e decibelios, 2017.
- Nas esquinas do frío, 2019.
Premios[editar | editar a fonte]
- XI Certame de Poesía Feliciano Rolán, 1997, por “Houbo un tempo en que fomos nenos”
- I Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, 2012, por “Cicatrices do insomnio”
- XVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López, 2013, por “Conta atrás”
- VI Premio de poesía Victoriano Taibo, 2013 por “Territorios estraños”[2]
- VII Concurso Literario do COPG “Rosa de Cen Follas”, 2014, por “Os que estamos malditos”
- XXIII Certame Literario A Pipa, 2014, por “Corazón de lóstrego”
- XXIV Certame Literario A Pipa, 2015, por “Axuste de contas”
- XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán, 2017, por “Náufragos da cidade”
- XXIII Premio de poesía Avelina Valladares, 2019, por "Nas esquinas do frío"[3][4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Avanza a candidatura de unidade popular de Sober con propostas de nome e 7 persoas candidatas para conformar a lista". Sober - Somos Maioría. 13 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2020. Consultado o 16 de abril de 2020.
- ↑ "“Territorios Estraños”, de Ramón Sandoval Pérez gaña o VI Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns". Val Miñor. 19 de setembro de 2013.
- ↑ Ana Cela (23 de setembro de 2019). "El vigués Ramón Sandoval, Premio Avelina Valladares". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Redacción (24 de setembro de 2019). "O escritor vigués Ramón Sandoval gaña o Avelina Valladares co poemario «Nas esquinas do frío»". lavozdegalicia.es. Consultado o 16 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Armando Requeixo (16 de marzo de 2014). "Os territorios poéticos de Ramón Sandoval". Criticalia.