Ramón Iglesia Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Iglesia Parga
Nacemento3 de xullo de 1905
 Santiago de Compostela
Falecemento5 de maio de 1948
 Madison
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónarquiveiro e historiador
CónxuxeRaquel Lesteiro López
FillosMaría Fernanda Iglesia Lesteiro
PremiosBolsa de estudos Guggenheim
editar datos en Wikidata ]

Ramón Iglesia Parga, nado en Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1905 e finado en Madison (Wisconsin) o 5 de maio de 1948, foi un bibliotecario, arquiveiro e historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central, onde se iniciou na investigación histórica. Viaxou polo norte de Europa e foi lector de español en Goteburgo (Suecia) en 1928. Ingresou no Centro de Estudios Históricos de Madrid e en 1931 no Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos, sendo destínano á Sección de Libros estranxeiros polo seu coñecemento de idiomas. En 1933 substituíu a Agustín Millares Carlo como director da Comisión de Biblioteca do Ateneo de Madrid, sendo ademais Arquiveiro-bibliotecario da Biblioteca Nacional. Pertenceu ás Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista en 1931, pero afiliouse ao Partido Comunista moito antes da Guerra Civil, na que foi comandante nas Brigadas Internacionais e axudante do xeneral Lukács.

Exilio[editar | editar a fonte]

Trala derrota, marchou a Suecia e despois embarcou o 23 de maio de 1939 rumbo a México onde chegou o 13 de xuño ao porto de Veracruz. Foi profesor no Colexio de México (1940) e en 1942 trasladouse a Estados Unidos. Alí foi profesor da Universidade de California e bolseiro da Fundación Guggenheim. Foi editor da Historia verdadera de la conquista de la Nueva España de Bernal Díaz del Castillo (1943). En 1944 volveu a México, pero a crise nese país fixo que retornase novamente aos Estados Unidos como profesor invitado da Universidade de Illinois (1946-1947) e despois como profesor asociado da Universidade de Wisconsin (1947-1948). Suicidouse en Madison o 5 de maio de 1948.

Obras[editar | editar a fonte]

  • "Trailer" de cuatro crónicas, 1936.
  • Cronistas e historiadores de la conquista de México. El ciclo de Hernán Cortés, 1942.
  • El hombre Colón y otros ensayos, 1944.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en xuño de 1928 con Raquel Lesteiro López.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Diario de Pontevedra, 28-6-1928, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bernabéu Albert, Salvador (2005). "La pasión de Ramón Iglesia Parga (1905-1948)". Revista de Indias LXV (235): 755–772. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]