Ramón Castromil
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de setembro de 1930 Santiago de Compostela, España |
| Morte | 19 de abril de 2022 Santiago de Compostela, España |
| Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid École Normale de Musique |
| Actividade | |
| Ocupación | político, empresario, pianista |
| Empregador | Castromil |
| Partido político | Alianza Popular |
| Membro de | |
| Familia | |
| Parentes | Evaristo Castromil, avó |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Quén é quén no primeiro Parlamento Galego |
Ramón Evaristo Castromil Ventureira, nado en Santiago de Compostela o 11 de setembro de 1930 e finado na mesma vila o 19 de abril de 2022[1], foi un empresario, pianista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito en 1954, realizou estudos musicais en Santiago de Compostela e no Conservatorio de Música de Madrid. Continuou a súa formación pianística en París, na École Normale de Musique. Foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e deu concertos. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista en orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha expansión e modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu iniciativas na súa empresa (publicación da colección Contos do Castromil e bautizo dos autobuses da frota Castromil con nomes de persoeiros galegos do mundo da cultura) e no marco da Fundación Galicia-Empresa, da que foi presidente.
Foi elixido deputado por Alianza Popular nas primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia (1981-1985) e durante eses anos foi secretario xeral deste partido en Galicia. Foi vicepresidente do Consello da Cultura Galega, coordinou o relatorio de Música e Artes Escénicas e dirixiu o programa do Arquivo Sonoro de Galicia. Académico numerario da Real Academia de Belas Artes de Galicia dende 1992.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Pedrón de Ouro en 1992
- Premio San Martiño de nomalización lingüística en 1992 no Concello da Estrada.
- Premio da Crítica Galicia, no apartado de iniciativas culturais, en 1993.
- Premio das Letras e das Artes de Galicia en 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece Ramón Castromil Ventureira, excepcional fusión de hombre de la cultura y de la empresa". La Voz de Galicia. 20 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio (1981). "Ramón Castromil Ventureira". Quén é quén no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 129–131. ISBN 84-7507-044-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Galegos Televisión de Galicia, 7/6/2014.