Ramón Carballo Páez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Carballo Páez
Nacementoagosto de 1959
 Seixo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de León
Ocupaciónveterinario e político
editar datos en Wikidata ]

Ramón Carballo Páez, nado en Seixo, (Pacios, Pedrafita do Cebreiro) en agosto de 1959[1], é un veterinario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no seminario de Lugo e licenciouse en veterinaria pola Universidade de León en 1986[2]. Exerceu en diversos concellos da provincia de Lugo e mais no Bierzo. Foi inspector técnico veterinario e xefe territorial da Consellería de Medio Rural. Militante do Partido Popular de Galicia foi concelleiro en Pedrafita do Cebreiro (1987-1991) mais na Fonsagrada (1999-2003) e deputado no Parlamento de Galicia (2002-2005). Volveu de novo á corporación da Fonsagrada de 2007 a 2010. Dende 2012 é o subdelegado do Goberno en Lugo e presidente do PP de Lugo dende maio de 2017 [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramón Carballo, nuevo subdelegado del Gobierno en Lugo", La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 2012
  2. Ricardo Carballo Páez en Galegos
  3. "Ramón Carballo, elixido novo presidente do PP de Lugo" Arquivado 27 de maio de 2018 en Wayback Machine., CRTVG, 25 de maio de 2017