Raimundo Viejo
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1969 (55 anos) Vigo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electo en: eleccións ao Congreso dos Deputados de 2016 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Barcelona Electo en: eleccións ao Congreso dos Deputados de 2015 | |
Concelleiro de Barcelona | |
13 de xuño de 2015 – outubro de 2015 | |
Actividade | |
Ocupación | político, teórico político, activista social |
Partido político | Barcelona en Comú |
Participou en | |
14 de xaneiro de 2014 | Moure fitxa: convertir la indignació en canvi polític (en) |
Sitio web | raimundoviejo.info |
Raimundo Viejo Viñas, nado en Vigo en 1969, é un politicólogo e político galego radicado en Cataluña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela inicialmente e despois doutorouse na mesma e na Universidade Humboldt de Berlín. Como docente universitario, deu clase en Santiago, mais tamén na Chicago, na Pompeu Fabra e na de Lausana[1].
Como politicólogo ten tamén escrito en medios de comunicación, como Tempos Novos, Diagonal, La Directa ou Público[1]. Tamén publicou libros que analizan os movementos políticos de raíz social, e en especial o 15-M.
Nos primeiros anos do século militou na agrupación Compostelá de Esquerda Unida, federación galega de Izquierda Unida. Nas eleccións municipais de 2015, preséntase como candidato na lista de Barcelona en Común, unha plataforma de esquerdas e cidadá encabezada por Ada Colau. A candidatura gaña as eleccións, Colau convértese en alcaldesa e Viejo pasa a ser concelleiro de Educación e Universidades no concello de Barcelona. Tamén foi concelleiro de distrito no barrio de Gràcia. Poucos meses despois, Viejo figurou nas listas de En Comú Podem pola provincia de Barcelona nas Eleccións Xerais de 2015, e resultou elixido deputado. A candidatura era de novo unha confluencia de forzas de esquerda e cidadáns de ámbito catalán. Como consecuencia de saír de deputado abandonou o seu posto como concelleiro.
Obra
[editar | editar a fonte]- La dansa de Medusa. Barcelona: El Tangram, 2012 (con Marc Montanyès).
- Les raons dels indignats. Barcelona: Pòrtic, 2011 (editor).
- Principis de la ciutat. Tres paradigmes normatius i la política contenciosa, Fundació Nous Horitzons, 2010.
Tamén ten colaborado en volumes colectivos, entre eles A praza é nosa, de Marcos Pérez Pena (2011) ou 15-M: O pobo indignado, de Alfredo Iglesias Diéguez (2011).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán do historiador do cinema e escritor Breixo Viejo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Raimundo Viejo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Políticos de Podemos
- Politicólogos
- Galegos de Cataluña
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Deputados do Congreso dos Deputados por En Comú Podem
- Nados en Vigo
- Nados en 1969
- Concelleiros de Cataluña
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)