Rafael Quintía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rafael Quintía Pereira»)
Rafael Quintía
Rafael Quintía.jpg
Nacemento2 de xaneiro de 1971
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Universidad Nacional de Educación a Distancia e IES Sánchez Cantón
Ocupaciónantropólogo, escritor e profesor de educación superior
Na rede
https://www.rafaelquintia.es/
Facebook: rafa.quintia Instagram: rafaquintia Dialnet: 5239263 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rafael Quintía Pereira, nado en Vigo, aínda que el é de Salcedo, o 2 de xaneiro 1971, é un antropólogo, profesor e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No Ateneo Santa Cecila de Marín (25/01/2019) con Lois González Dopazo, Buenaventura Aparicio e Valentín G. Bóveda (neto de Alexandre Bóveda)

Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón. Estudou Ciencias Económicas e Empresariais nas universidades de Vigo e Santiago, sendo licenciado pola de Santiago de Compostela. Licenciouse en Antropoloxía Social e Cultural na UNED. Realizou o Mestrado Universitario en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas, na especialidade de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia pola Uvigo.

Traballa como antropólogo profesional. Foi membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e tamén fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). E vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO). Dirixiu a publicación Fol de Veleno. Revista de historia e etnografía de Galiza,[2] herdeira do fanzine Fol de Veleno que fundou no ano 2006.

Ademais destacou como documentalista e músico tradicional e estivo moi vencellado ao asociacionismo e á dinamización sociocultural.[3]

É profesor-titor de Antropoloxía na UNED[4] nas materias de Antropoloxía da Relixión e Antropoloxía Económica no Grao de Antropoloxía Social e Cultural. E tamén imparte Antroploxía cultural nos graos de Psicoloxía e Traballo Social.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica (2010). Grupo de Estudos Etnográficos Serpebichocca. 356 páx. ISBN 978-84-614-4783-1.[5]
  • A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario costero (2011). Librería Nós. 240 Páx. ISBN 978-84-615-2509-6.[6]
  • Para cantar veño eu!: unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos (2011). Sociedade Antropolóxica Galega Asociación Cultural Os Chichisos. 270 páxs.ISBN 978-84-615-4507-0.[7]
  • De vello gaiteiro!: biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos (2011). Asociación cultural Os Chichisos. 155 páx.[8]
  • Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega (2013). Sociedade Antropolóxica Galega. 372 páx. ISBN 978-84-616-5814-5.[9]
  • Á sombra de Bouza Panda: poemario de trincheira e maldizer (2013). El Taller del Poeta. 56 páxs. ISBN 978-84-940996-1-8.[10]
  • Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas (2014), Sacauntos. 570 páx. ISBN 978-8416121168.[11]
  • Uso simbólico do cuarzo na cultura galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos (2015). Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega nº 4. 174 páx.
  • La historia de Galicia en 50 lugares (2015). Ed. Cydonia. 250 páxs. ISBN 978-84-943810-8-9.[12]
  • Análise estrutural e simbólica do mito da Moura (2016). Doutor Alvereiros. 261 páx. ISBN 978-8494272677.
  • Monte das Croas. Antropoloxía dun castro (2016). Sociedade Antropolóxica Galega. 136 páx. I.S.S.N. 2341-0353.
  • Mariña: de deusa a santa (2017). Galaxia. ISBN 978-84-9151-061-1, 244 páx.[13]
  • Universos simbólicos. Olladas ao redor da cultura e da identidade galega (2017). AB ORIGINE Edicións. 326 páx. ISBN 978-84-947844-0-8.[14]
  • Vade Retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega (2017). Concello de Valga. 268 páxs. ISBN 978-84-697-8914-8.[15]
  • Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego (2019). Ab Origine Edicións. Prólogo de Soledad Felloza. 394 páxs. ISBN 978-84-947844-7-7. (175 lendas).[16]
  • A moura que creou o mundo. O mito galego da creación (2020). Ab Origine Edicións. Ilustracións de Polo Correo do Vento. 55 páxs. ISBN 978-84-947844-8-4.
  • O Falar das pedras. Antropoloxía simbólica do patrimonio de San Pedro de Doade (2020). Ed. A Formiga Rabicha. ISBN 978-84-121985-2-2.
  • Patrimonio inmaterial de San Pedro de Doade (2021). Asociación de Amigos do Museo Casa do Patrón.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Actas das I Xornadas sobre o Entroido de Galiza (2013). Sociedade Antropolóxica Galega.[17]

Audiovisual[editar | editar a fonte]

  • Monte do Seixo a montaña máxica (2009). GEE Serpe Bichona. 1 DVD.[18]
  • Comuneiros : cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011). SAGA. 1 DVD.[19]
  • Sete Camiños: encrucillada do tempo (2011). Faro de Ons Sociedade Antropolóxica Galega. 1 DVD.[20]
  • Noite de reis cos Chichisos (2012). Asociación Cultural Os Chichisos. 1 DVD.[21]
  • Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres (2016). Ab origine.[22]
  • Muíños, a memoria da auga (2016). Sociedade Antropolóxica Galega.[23]
  • Lupa : na procura do mito da Raíña Loba (2017). 1 DVD. Dirección, guión e fotografía de Rafa Quintía. Ab Origine.[24]

Música[editar | editar a fonte]

  • Banda sonora da curtametraxe A Fenda (1996)
  • Con João Bieites, banda sonora dos documentais Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009), A loita pola luz (2010) e Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011)
  • Banda sonora do documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo (2011).
  • Musicalizou catro poemas incluídos de Pan prós cocrodilos (2010) do escritor Calros Solla.

Foi membro fundador do grupo de rock Cromlech (1991). En 1994, xunto con Cesar Martínez, Toño Vázquez e Paco Sutil formou grupo de música tradicional Os Chichisos.[25]

Premios[editar | editar a fonte]

  • III Premio de investigación Luís Cuadrado (2010) co traballo A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario marítimo.
  • XX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) co traballo Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega.
  • Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016) coa obra Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia.
  • XVIII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo (2017) coa obra Ritualista protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega.[26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rafael Quintía gaña o Ramón Piñeiro por un ensaio sobre a cristianización dos mitos célticos" Arquivado 31 de decembro de 2016 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza, 30 de decembro de 2016.
  2. "FOL DE VELENO. ANUARIO DE ANTROPOLOXÍA E HISTORIA DE GALIZA". Issuu (en inglés). Consultado o 2019-01-25. 
  3. "Rafael Quintía Pereira". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-25. 
  4. "La antropología gallega, a estudio en la UNED de Pontevedra". www.unedpontevedra.com (en castelán). Consultado o 2019-01-25. 
  5. "Lugo: presentación de Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo, de Rafael Quintía". AELG. Consultado o 16/12/2018. 
  6. "A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario costero". Galicia Encantada. Consultado o 16/12/2018. 
  7. chichisos (2012-01-08). "PUBLÍCASE “PARA CANTAR VEÑO EU! UNHA VIAXE POLA CULTURA MUSICAL GALEGA DA MAN DOS CHICHISOS”". Os Chichisos. Consultado o 2019-01-25. 
  8. "Presentación do libro DE VELLO, GAITEIRO! - Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos". gaiteirosgalegos.gal. Consultado o 2019-01-25. 
  9. "ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA". Galicia Encantada. Consultado o 16/12/2018. 
  10. "PUBLÍCASE “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer”". Á Sombra de Bouza Panda. 2013-03-12. Consultado o 2019-01-25. 
  11. "Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo". Galicia Encantada. Consultado o 16/12/2018. 
  12. "La historia de Galicia en 50 lugares". edicionescydonia.com. Arquivado dende o orixinal o 06/12/2019. Consultado o 16/12/2018. 
  13. "Mariña: de deusa a santa". editorialgalaxia. Consultado o 16/12/2018. 
  14. "O Museo 'Manuel Torres' de Marín acolle a presentación do último libro do antropólogo pontevedrés Rafael Quintía". pontevedraviva.com. Consultado o 16/12/2018. 
  15. "PUBLÍCASE “VADE RETRO. RITUALÍSTICA PROTECTORA, OBXECTOS CURATIVOS E USO DE AMULETOS NA CULTURA POPULAR GALEGA”". Á Sombra de Bouza Panda. 2018-06-03. Consultado o 2019-01-25. 
  16. Asombradebouzapanda (2019-12-10). "PUBLICAMOS: “Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego”, do antropólogo Rafael Quintía". O blog de Ab Origine. Consultado o 2019-12-11. 
  17. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-01-25. 
  18. "Monte do Seixo. A montaña máxica. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-25. 
  19. SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA SAGA. "COMUNEIROS. CEN ANOS DE VIDA E LOITA POLO MONTE DE SALCEDO". Consultado o 2019-01-25. 
  20. "Sete Camiños, encrucillada do tempo. AVG. AudioVisual Galego". culturagalega.gal. Consultado o 2019-01-25. 
  21. "“NOITE DE REIS COS CHICHISOS”. ESTREO EN PRIMICIA EN INTERNET DA NOSA CURTAMETRAXE DOCUMENTAL". Á Sombra de Bouza Panda. 2012-05-17. Consultado o 2019-01-25. 
  22. "Carnaval de Cobres- Vídeos del carnaval de cobres". www.entroidodecobres.com. Consultado o 2019-01-25. 
  23. "“MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA”. O novo documental da SAGA.". SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA. 2016-05-27. Consultado o 2019-01-25. 
  24. "Proxecto Lupa – Ab Origine". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-25. 
  25. "Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos". www.ghastaspista.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-25. 
  26. "Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-01-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]