Rafael Alonso Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Alonso Rodríguez
Nacemento25 de xullo de 1901
Lugar de nacementoAmoeiro
Falecemento21 de setembro de 1937
Lugar de falecementoMaceda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre
editar datos en Wikidata ]

Rafael Alonso Rodríguez, nado en Amoeiro o 25 de xullo de 1901[1] e finado en Maceda o 21 de setembro de 1937, foi un mestre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre que procedía da oposición de 1928, obtivo praza en Amoeiro. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. De ideoloxía radical-socialista, caracterizábase polo entusiasmo na práctica dos novos métodos pedagóxicos, e a loita contra o caciquismo local. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido. Detido, foi asasinado o 21 de setembro de 1937 na Curva Grande do Rodicio, na estrada de Ourense a Ponferrada (actual OU-536) pouco antes do Alto do Rodicio (Maceda).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 48. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]