Raúl Francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Raúl Francés Rodríguez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Raúl Francés
Nacemento12 de maio de 1958
 O Porriño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Raúl Francés Rodríguez, nado no Porriño o 12 de maio de 1958, é un mestre e político galego, aínda que xa retirado da política activa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Pedagoxía, é mestre de Pedagoxía Terapéutica. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do BNG no Porriño que obtivo tres concelleiros e foi elixido alcalde grazas a un pacto con Independientes de Porriño de Gonzalo Ordóñez Puime que tiña cinco concelleiros. Nas municipais de 2007 volveu ser elixido alcalde tamén grazas a un pacto de goberno. Foi substituído en 2010 mediante moción de censura por Nelson Santos Argibay. Nas municipais de 2011 volveu encabezar a candidatura do BNG[1]. En 2012 pediu a baixa no BNG e tamén como concelleiro con Kiko Paz Antón e Victoria Cardoso[2]. Nas municipais de 2015 presentouse como independente de número dous na lista do PSOE[3]. Foi Segundo Tenente Alcalde e concelleiro de Facenda, Emprego e Cultura. En novembro de 2015 dimitiu trala apertura de xuízo oral pola prórroga de contratos cando era alcalde en 2008[4].


Predecesor:
José Manuel Barros González
 Escudo de Porriño.svg
Alcalde do Porriño
 
2003 - 2010
Sucesor:
Nelson Santos Argibay

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]