José Manuel Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Manuel Barros González")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Barros
Nacemento18 de novembro de 1941
 Mosende
Falecemento2 de xaneiro de 2016
 Mosende
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Barros González, nado en Mosende (O Porriño) o 18 de novembro de 1941 e finado o 2 de xaneiro de 2016[1], foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesionalmente foi camioneiro, dependente nun establecemento comercial, axente bancario e axente de seguros, antes de dedicarse á política[2].

Nas primeiras eleccións municipais da democracia, Barros figurou nas listas de Coalición Democrática no Porriño, e logo da vitoria por maoría absoluta desta candidatura ocupou o posto de primeiro tenente de alcalde. En 1981 foi nomeado alcalde en 1981 para substituír o falecido Gonzalo Ordóñez Pérez. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Mantivo a maioría nas sucesivas eleccións polo Partido Popular (1987, 1991, 1995, 1999) até 2003. Nese ano, se ben obtivo a vitoria, unha escisión no Partido Popular encabezada por Gonzalo Ordóñez Puime provocou o cambio de goberno.

Foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra e da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra ata a súa fusión coa Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Tamén tivo cargos na Sociedade Galega de Garantía Reciproca e na Federación Galega de Municipios e Provincias. En 2007 abandonou a política activa.

O seu grande volume valeulle o título de alcalde máis gordo do mundo, certificado polo Libro Guiness dos records, con 153 kg, se ben despois ese peso foi aumentado[2]..


Predecesor:
Gonzalo Ordóñez Pérez
 Escudo de Porriño.svg
Alcalde do Porriño
 
1981 - 2003
Sucesor:
Raúl Francés

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]