Río Duerna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Duerna
O Duerna en Priaranza
PaísEspaña España
Lonxitude54 km
DesembocaduraRío Tuerto

O Duerna é un río da provincia de León, afluente do Tuerto, que á súa vez é afluente do Órbigo, e este o é do Esla, que á súa vez o é do Douro.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Duerna nace nos Montes de León, nunha das abas do monte Teleno, desaugando no Tuerto en terras de La Bañeza, despois dun percorrido de 54 km. As terras sitas nas súas beiras forman a comarca de Valduerna.

A súa conca hidrográfica abarca unha área de 312 km².

Historia[editar | editar a fonte]

En torno ao seu curso os historiadores sitúan o pobo ástur dos orniacos, pois considérase que era o seu río epónimo, por canto en documentos da Alta Idade Media o río era denominado Ornia.

En tempos posteriores, o territorio comezou a denominarse Val d'Ornia, con aglutinación da preposición de, e tras a ditongación do -o- tónico, pasou a ser coñecida como a Valduerna. Unha defectuosa segmentación levou a que o mesmo río acabase por ser coñecido como Duerna.