Saltar ao contido

Orbán, Vilamarín

Orbán
Igrexa parroquial de Orbán.
ConcelloVilamarín[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°29′11″N 7°51′41″O / 42.486427777778, -7.8615222222222
Poboación149 hab. (2017)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Orbán é unha parroquia do concello de Vilamarín, na comarca de Ourense, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 200 habitantes (96 homes e 104 mulleres), a mesma cantidade ca en 2006.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O pazo de Orbán presenta as armas dos Taboada. Gozou do privilexio de coto redondo con xurisdición civil e criminal e a cadea simbólica que denota o dereito de asilo. O pazo foi recuperado tras anos de acelerada degradación.

Conta a lenda que no lugar de Marcelle, desta parroquia de Orbán, vivían dúas mouras, fermosísimas e lixeiramente vestidas, que provocaban a luxuria dos paisanos. Dunha volta, un home mercou unha xugada de bois a un labrego na feira de Carballedo, pero pediulle que tivera man dela mentres arranxaba uns asuntos na feira. Ó rematar o día, volve o home, toma a xugada e acordan facer xuntos o camiño de volta.

Ó chegar xunto ó castro do Piñeiro, o home dá co pé no chan e ábrese a terra. Entran os dous, coa xugada, e camiñan un treito, ata que lle di ó labrego que se agoche un momento. Entón achéganse as dúas mozas, armadas con cadanseu coitelo, e matan un dos bois. Pero unha das mozas di que lle cheira a cristianillo vivo, ó que o pai quita importancia asegurando que é pan cocido. Ó mencer, libera ó feirante sen facerlle ningún mal.

Noutra versión da lenda, o labrego é escondido nunha habitación con moito luxo, e cando a filla di que lle cheira a cristianillo vivo, o pai retruca que quen cheira é ela, por ter andado entre cristiáns.

Tamén se di que as dúas mozas estaban lavando un cesto no río e se achegaron dous mozos, atraídos pola súa beleza. Logo foron andando os catro, rindo e falando, ata que ó chegar ó castro, elas desapareceron sen saber como.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Orbán

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Orbán no concello ourensán de Vilamarín

Marcelle | Montós | A Outraldea | O Palacio | A Penela | O Pereiro | A Raña | Toldavia | Vilar | Xagrade


Parroquias de Vilamarín

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilamarín

Boimorto (Santa Baia) | León (Santa Baia) | Orbán (Santa María) | Reádegos (San Vicente) | O Río (San Salvador) | Sobreira (San Xoán) | Tamallancos (Santa María) | Vilamarín (Santiago) | Viña (San Román)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Galaxia, Vigo 2011, 289-290.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]