Quimbaya, Quindío
Aparencia
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Colombia | ||||
| Departamento | Quindío | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 35.276 (2018) | ||||
| Xeografía | |||||
| Altitude | 1.339 m | ||||
| Creación | 1914 | ||||
| Sitio web | quimbaya-quindio.gov.co… | ||||
Quimbaya é un concello colombiano que se atopa na parte occidental do departamento do Quindío. Atópase a 20 km do noroeste da capital do departamento, Armenia. O nome da cidade deriva do nome da cultura precolombiana que habitou a zona, a civilización quimbaya. Ten unha superficie de 126,69 km².[1]
Quimbaya limita polo norte e polo oeste co departamento de Valle del Cauca, co río La Vieja que forma o límite occidental. Polo sur, o río Roble forma o límite cos concellos de Montenegro e Circasia. O límite oriental é co municipio de Filandia.
Quimbaya foi fundada en 1914 por Juan de J. Buitrago, e converteuse en concello en 1922. En 2015 tiña unha poboación estimada de 35 039 persoas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Información general de Quimbaya". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Consultado o 5 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quimbaya, Quindío |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 01 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)
