Quereño, Rubiá
Quereño | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Rubiá[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°25′13″N 6°49′54″O / 42.420383333333, -6.8316722222222 |
Poboación | 132 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Quereño é unha parroquia que se localiza no sueste do concello ourensán de Rubiá. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 132 habitantes (67 homes e 65 mulleres), 56 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Xeografía e historia
[editar | editar a fonte]A parroquia está situada ao leste do concello de Rubiá, a carón da estrada N-536 que comunica a comarca de Valdeorras co Bierzo. Na parroquia está a estación de Quereño, da liña A Coruña-León.
Nesta estación abriuse en setembro de 1885 un lazareto por mor da epidemia de cólera que asolaba España, dado que esta era a primeira estación existente en Galicia (despois da parada de Covas) e o ferrocarril era un medio moi usado polos segadores galegos que ían en verán a Castela[2]. O lazareto estaba dirixido polo médico pontevedrés Bernardo López Cobián[3]. Do lazareto de Quereño fala Antón Ferreiro no periódico O Tio Marcos d'a Portela o 13 de setembro de 1885, na copla "Carta d'un segador á sua muller":
Maripepa d’a miña alma,
ainda as maus á boca levo
da gomitona que tiven
nantronte no lazareto.
Maxínate Maripepa,
qu’en canto entrei en Quereño
y aínda no wagon estábamos
com’as sardinas nun cesto (...)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ «El cólera de 1885 en Ourense: "Dende Quereño á Canda...¡Que vacunen ó demo!. A min non me xiringa nadie”», artigo de David Simón no blog Diario de un médico de guardia, 20 de agosto de 2015 (en castelán).
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "LÓPEZ COVIÁN, Bernardo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 303.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Quereño
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Quereño no concello de Rubiá (Ourense) | |
---|---|