Carballo anano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Quercus lusitanica»)
Carballo anano
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Rosids

ordo = Fagales

Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus
Sección: Quercus
Especie: Q. lusitanica
Nome binomial
Quercus lusitanica
Lam.
Sinonimia

Quercus infectoria, Olivier

O carballo anano[1][2] ou caxigo (Quercus lusitanica Lam. ou Quercus faginea) é un arbusto da familia das Fagáceas que raramente acada os 2 metros. En moitas ocasións vai ligado á sobreira (Quercus suber). A súa floración prodúcese entre abril e maio.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

A súa cortiza é gris. As follas miden de 3 a 5 cm, son coriáceas (esclerosadas), con limbo obovado-oblongo e marxe enteiro. Ten de 4 a 6 pares de lóbulos ou dentes dirixidos cara ó ápice. As follas adultas só teñen pelaxe polo envés. O pecíolo das follas vai de 2 a 3 milímetros. As landras miden entre 1 e 2 centímetros e poden ir sentadas ou ter un pequeno pedúnculo de até centímetro e medio.

Situación[editar | editar a fonte]

No monte Pindo atópase a única poboación galega coñecida desta especie autóctona do Mediterráneo suroccidental (España, Portugal e Marrocos). A poboación galega deste tipo de carballo arbustivo é o límite da especie polo norte. Os lumes que arrasaron o monte Pindo en setembro de 2013 fan difícil a sobrevivencia desta comunidade[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego da especie en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  2. "Carballo". DIGALEGO. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  3. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/09/13/galicia-vilo-incendio-pindo/00031379058496676378693.htm?idioma=galego

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]