Carl Reiner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carl Reiner
CarlReinerApr10.jpg
Nacemento20 de marzo de 1922
LugarBronx
Falecemento29 de xuño de 2020
LugarBeverly Hills
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaxudeus estadounidenses
Relixiónateísmo
Educado enUniversidade de Georgetown e Edmund A. Walsh School of Foreign Service
Cónxuxe(s)Estelle Reiner
FillosRob Reiner, Annie Reiner e Lucas Reiner
Profesiónactor, director de cinema, guionista, produtor de cine, produtor de televisión, escritor, humorista, actor de dobraxe, actor de televisión e actor de cinema
editar datos en Wikidata ]

Carl Reiner, nado o 20 de marzo de 1922[1] en Nova York e finado o 29 de xuño de 2020 en California, foi un actor, director, produtor, guionista e humorista estadounidense, pai do realizador Rob Reiner.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reiner comezou a actuar en musicais de Broadway en 1948. A partir de 1950 apareceu regularmente no programa de televisión Your Show of Show, do que tamén era un dos guionistas, e desde 1954 na súa continuación Caesar's Hour. En 1960 en The Steve Allen Show axuntouse con Mel Brooks para formar un dúo cómico. En 1961 creou, produciu e protagonizou a súa propia comedia de situación, The Dick Van Dyke Show, que se mantivo en emisión ata 1966, alí dirixiu algúns episodios e en 1967 realizou o seu primeiro filme Enter Laughing, e máis tarde dirixiu varias comedias do actor Steve Martin como The Jerk (1979), Dead Men Don't Wear Plaid (1982), The Man with Two Brains (1983), e All of Me (1984). Reiner gañou nove Emmy e yb Grammy durante a súa carreira, e foi a única persoa en aparecer nas cinco encarnacións de The Tonight Show. De 2004 a 2005, Reiner deu voz a Sarmoti en Father of the Pride.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. St. James Encyclopedia of Popular Culture, St. James Press, (2000)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]