Quaderni Rossi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quaderni Rossi
Fundación1961
Remata1966
FundadorRaniero Panzieri
ColaboradoresAlberto Asor Rosa
Massimo Cacciari
TendenciaAnticapitalismo
Comunismo
Obreirismo
LinguaLingua italiana
ÁmbitoItalia
editar datos en Wikidata ]

Quaderni Rossi foi unha revista da esquerda extraparlamentaria italiana fundada en 1961 e activa até 1966. Os seus fundadores foron, entre outros, Raniero Panzieri e Mario Tronti.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A revista tivo unha importancia clave na formación política e cultural da nova esquerda italiana. Entre 1961 e 1965 saíron 6 números, o último despois da morte de Panzeri. A revista centrábase na análise e estudo marxista. Mario Tronti, Alberto Asor Rosa, Massimo Cacciari e outros colaboradores abandonaron o grupo orixinal para fundar unha nova revista, Classe Operaia, na que tamén participaron Toni Negri e Gaspare De Caro e que tiña unha liña máis práctica e concreta, menos teoricista, ca Quaderni Rossi.[2]

En Quaderni Rossi tratábanse os principais problemas de interese político do momento mediante a chamada "investigación simultánea", entre obreiros e intelectuais. Estas cuestións de interese eran as relaccionadas coa loita de clases no contexto italiano da primeira metade dos anos 60: a fábrica, a organización do traballo, etc. Porén, estas eran abordadas desde unha perspectiva diferente á tradicional do modelo de partído-sindicato. A revista defendeu formas combativas de acción contra a modernización capitalista do momento, tales como as folgas salvaxes ou os comités autónomos á marxe dos sindicatos. Esta liña política buscaba a centralidade da clase obreira, en especial da das grandes fábricas, na loita política e social, opóndose á "asimilación" ao sistema do movemento sindical tradicional.

Quaderni Rossi e as súas revistas derivadas prepararon as bases teóricas para o movemento de 1968 e para o novo movemento obreiro aparecido no país transalpino a partir do "Autunno caldo" de 1969, así como do autonomismo dos anos 70.

Número da revista[editar | editar a fonte]

  1. Lotte operaie nello sviluppo capitalistico (Loitas obreiras no desenvolvemento capitalista)
  2. La fabbrica e la società (A fábrica e a sociedade)
  3. Piano capitalistico e classe operaia (O plan capitalista e a clase obreira)
  4. Produzione, consumi e lotta di classe (Produción, consumo e loita de clases)
  5. Intervento socialista nella lotta operaia (Intervención socialista na loita de clases)
  6. Movimento operaio e autonomia nella lotta di classe (Movemento obreiro e autonomía na loita de clases)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leonardi, Nicoletta. Photography, Visual Poetry, and Radical Architecture in the Early Works of Franco Vaccari. Bloomsbury Visual Arts, 2017. ISBN 978-1-5013-3008-7.
  2. Wright, Steve. Storming Heaven. Pluto Press, 2015-11-30. ISBN 978-1-84964-083-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Panzieri, Raniero (1976). Lotte operaie nello sviluppo capitalistico. Colección: Piccola Biblioteca Einaudi (en italiano). Turín: Giulio Einaudi Editore. ISBN 9788806449254. 
  • Panzieri, Raniero (1984). Spontaneità e organizzazione. Gli anni dei «Quaderni rossi» (1959-1964). Colección: Biblioteca del pensiero. Pisa: BFS Edizioni. ISBN 9788886389068. 
  • Guido Borio, Francesca Pozzi, Gigi Roggero, Futuro anteriore. Dai «Quaderni rossi» al movimento globale. Ricchezze e limiti dell'operaismo italiano, DeriveApprodi, 2002.
  • Guido Borio, Francesca Pozzi, Gigi Roggero, Gli operaisti: Autobiografie dei cattivi maestri, DeriveApprodi, 2005.Giuseppe - Trotta, Fabio Milana, L'operaismo degli anni Sessanta. Da «Quaderni rossi» a «classe operaia», DeriveApprodi, 2008.
  • Tarì, M. (2016). Un comunismo más fuerte que la metrópoli: La Autonomía italiana en la década de 1970. Traficantes de Sueños.
  • Wright, Steve. (2002). Storming heaven. London: Pluto Press.