Provincia de Pichincha
| Himno | Q19445480 | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Ecuador | ||||
| Capital | Quito | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.089.473 (2022) | ||||
| Lingua oficial | lingua castelá lingua kichwa | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 9.453,32 km² | ||||
| Punto máis alto | Volcán Cayambe (5.790 m) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 25 de xuño de 1824 | ||||
| Organización política | |||||
| • Prefecto | Paola Pabón (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | EC17 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 02 | ||||
| ISO 3166-2 | EC-P | ||||
| Sitio web | pichincha.gob.ec | ||||
Pichincha é unha das 24 provincias da República de Ecuador, localizada no norte do país. A súa capital é a cidade de Quito, capital da república, e segunda cidade máis poboada do país, detrás de Guayaquil. Pichincha tamén ocupa a segunda posición entre as provincias máis poboadas, detrás de Guayas. A súa superficie é de 9.494 km² e, segundo o censo de 2010, ten 2.570.201 habitantes, o que fai que Pichincha teña unha densidade de poboación de 376 h/km². A maior parte da poboación da provincia concéntrase na súa capital, Quito, que segue a crecer por mor das correntes migratorias internas dende outros puntos do país.
O nome da provincia provén do volcán homónimo, en cuxas abas está situada a cidade de Quito.
Historia
[editar | editar a fonte]Os territorios da provincia foron habitados hai 10.000 anos por unha cultura chamada El Inga, que deixou abondosos restos de ferramentas feitas con obsidiana e basalto. Hai máis de 6.000 xurdiu outra cultura, denominada La Chimba, que dominaba a cerámica. Posteriores foron os Caranquis, que construíron centros cerimoniais semellantes a pirámides. A comezos da idade media houbo un reino formado pola alianza entre as etnias Quitu e Caras. Os incas comezaron a conquista da zona no século XV baixo o liderado de Túpac Inca Yupanqui. O seu fillo Huayna Cápac foi quen finalmente conquistou o territorio masacrando ós Quitus.
Os españois chegaron a Tahuantinsuyo cando o Imperio Inca tiña entre mans unha guerra civil. A loita polo poder do imperio enfrontaba a Atahualpa e ó seu irmán Huascar. O primeiro defendía a súa hexemonía dende Quito, e o segundo dende Cuzco. Atahualpa derrotou a Huascar, e pouco despois aceptou reunirse con Pizarro, quen mandou executalo. Crendo que en Cuzco habería un tesouro, Pizarro mandou ir aló a algúns dos seus homes, que fundaron oficialmente a cidade de San Francisco de Quito en 1534. Sete anos despois da súa fundación, Orellana partiu dende alí nunha expedición na que descubriu o río Amazonas. Por mor dos problemas de comunicación e transporte, así como tamén pola explosión demográfica, o cabido da cidade solicitóulle ó rey Filipe II a creación da Audiencia e Presidencia de Quito. O 29 de agosto de 1563, firmou a cédula real que deu nacemento a esta. A xurisdición estableceu os seus límites xeográficos, que abarcaban unha superficie cinco veces maior que a da actual República de Ecuador.
