Provincia de Avellino
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Capital | Avellino |
Área | 2.792 km² |
Poboación | 429.073 (2001) |
Densidade | 154 hab/km² |
Municipios | 119 |
Matrícula | AV |
Código postal | 83010-83018, 83020-83032, 83034-83054, 83056-83059 |
Prefixo telf. | 081, 082, 0824, 0825, 0827, 0835 |
Presidente | Cosimo Sibilia (PDL) 08.06.09 |
![]() | |
Situación da Provincia de Avellino en Italia |
Avellino é unha provincia da rexión de Campania, en Italia. A súa capital é a cidade de Avellino.
Ten unha área de 2.792 km², e unha poboación total de 429.073 habitantes (2001). Hai 119 municipios na provincia.
Historia[editar | editar a fonte]
O antigo nome da zona era "Hirpinia", que no italiano actual se transforma en Irpinia. Dita palabra provén da lingua dos antigos oscos, "hirpus", lobo, animal que aínda hoxe se pode encontrar pola zona, aínda que nun número moi reducido.
Avellino foi famosa pola súa garda real durante a época romana e a época medieval.
Durante o reinado de Nápoles, a provincia pertenceu na súa maioría ao Principado Ultra, estando algunhas zonas incluídas dentro da Capitanía ou Principado Citra.
Economía[editar | editar a fonte]
A base económica da provincia é a agricultura. Típicos da provincia de Avellino son os seguintes produtos:
- Abelás: produce un terzo do total cultivado en Italia.
- Castañas: é recoñecida a que se cultiva na zona de Montella.
- Os viños de Aglianico, Taurasi, Greco e Fiano.
- Cereixas
- Queixos, como o caciocavallo de Montella.
- A trufa negra de Bagnoli Irpino.
Turismo[editar | editar a fonte]
Os principais destinos turísticos son os Santuarios de Montevergine (máis de 300,000 visitantes ao ano), e o Santuario de San Xerardo de Maiella. Tamén son visitadas as zonas arqueolóxicas de Avella e Eclano; o castelo de Lancellotti, e a basílica en Prata.
Principais concellos[editar | editar a fonte]
- Avellino - 56.993 habitantes
- Ariano Irpino - 23.330 habitantes
- Mercogliano - 12.293 habitantes
- Solofra - 12.082 habitantes
- Atripalda - 11.336 habitantes
- Cervinara - 10.160 habitantes
- Grottaminarda - 8.336 habitantes