Nasalis larvatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Nasalis larvatus
Exemplar en Borneo.
Exemplar en Borneo.
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Parvorde: Catarrhini
Familia: Cercopithecidae
Subfamilia: Colobinae
Xénero: Nasalis
É. Geoffroy, 1812
Especie: Nasalis larvatus
Wurmb, 1787
Distribución da especie.

Distribución da especie.

O Nasalis larvatus é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae.[2] É herbívoro e endémico da illa de Borneo, no sueste asiático. É a única especie do xénero Nasalis.

Aliméntase de brotes e follas. Normalmente desprázase rubindo polas árbores, pero tamén é bo nadador, capaz de cruzar profundas canles para conseguir comida ou escapar dalgún perigo.

A perda do seu hábitat natural, así como a caza provocaron que esta especie se atope en perigo de extinción, e só se sabe da existencia de 7000 exemplares.[3]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

É unha especie territorial, que unicamente se atopa na illa de Borneo. Habitan nos bosques mixtos, mangleiros pantanosos, bosques preto de ríos e selvas tropicais. Evitan as zonas deforestadas e os asentamentos humanos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meijaard, E., Nijman, V. & Supriatna, J. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  3. Proboscis Monkey. Earthsendangered.com. Consultado o 10 de febreiro de 2011.