Primo López Rivadulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primo López Rivadulla
Nacemento1910
 Vila de Cruces
Falecemento26 de xaneiro de 1937
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfuncionario e político
editar datos en Wikidata ]

Primo López Rivadulla, nado en Vila de Cruces en 1910 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Secretario xudicial, era funcionario municipal do concello de Carbia. Promotor e director do grupo teatral Liga de Amigos da Vila de Cruces.[1] Foi secretario de Izquierda Republicana e da Fronte Popular de Carbia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Santiago de Compostela, onde foi localizado e detido pola garda civil de Cruces o 15 de agosto. Foi trasladado a illa de San Simón, a espera de xuízo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937 ás 17:30 con Manuel Sarmiento Debén, Eduardo Brea Cajide e Antonio Gómez López.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Liga de Amigos de Vila de Cruces
  2. El Progreso, 8-1-1937, p. 3.
  3. Diario de Pontevedra, 27-1-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]