Antonio Gómez López
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1902 Vila de Cruces, España |
| Morte | 26 de xaneiro de 1937 Pontevedra, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Antonio Gómez López, nado en Vila de Cruces en 1902 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrante retornado. Foi elixido tesoureiro de Izquierda Republicana en febreiro de 1935. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Carbia e elixido primeiro tenente de alcalde na corporación presidida por Benjamín Salgado Uribe. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde en funcións. Foi detido e trasladado a illa de San Simón, a espera de xuízo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937 ás 17:30 con Primo López Rivadulla, Manuel Sarmiento Debén e Eduardo Brea Cajide.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Igrexas, Manuel: "Os fusilados de Vila de Cruces" (29/8/2012) en Historias de Deza.