Primo Castro Vila
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1880 Toiriz, España |
| Morte | 1950 Brántega, España |
| 22 de febreiro de 1936 – 6 de agosto de 1936 (destitución) | |
| 19 de abril de 1931 – 31 de agosto de 1933 – Ramón Refojo González → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Primo Castro Vila, nado en Toiriz (Vila de Cruces) en 1880 e finado en Brántega en 1950, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Buenos Aires. Ao regreso instalouse na Feira Nova, na parroquia de Brántega, concello de Agolada. Construíu unha microhidráulica para producir enerxía eléctrica.
O 19 de abril de 1931 foi elixido alcalde de Agolada. Suspendido no cargo, foi reposto o 22 de febreiro de 1936. Destituído o 3 de agosto, agochouse para fuxir da represión.
| Predecesor: Emilio Oro Barrio |
alcalde de Agolada 1931 - 1933 |
Sucesor: Ramón Refojo González |
| Predecesor: Manuel Méndez Fernández |
alcalde de Agolada 22-2-1936 - 3-8-1936 |
Sucesor: Ramón Frade Vidal |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ascensión Martínez Sobrado e tivo dúas fillas: Socorro e Carme Castro Martínez.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Lois García Fernández: Homenaxe a Primo Castro Vila Arquivado 10 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. Galicia Hoxe
- "Primo Castro Vila" La Voz de Galicia, 22/7/2006 (en castelán)
- "El PP rechazó otorgar una calle a Castro Vila..." La Voz de Galicia, 31/10/2006 (en castelán)
- "Agolada recordará la figura..." La Voz de Galicia, 20/7/2006 (en castelán)
- "Primo Castro creó en Agolada un consejo de enseñanza primaria" La Voz de Galicia, 28/7/2006 (en castelán)