Saltar ao contido

Primeiro ministro de Estonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Primeiro Ministro de Estonia»)
Primeiro ministro da República de Estonia
Eesti Vabariigi peaminister

ResidenciaCasa Stenbock, Tallín
Designado porPresidente de Estonia
Duración4 anos renovábeis
Creación24 de febreiro de 1918
Primeiro titularKonstantin Päts
Salario5,288€ mensuais
Sitio webvalitsus.ee

O primeiro ministro de Estonia (en estoniano : peaminister) é o xefe de goberno da República de Estonia. O primeiro ministro é nomeado polo presidente tras as debidas consultas coas forzas parlamentarias e confirmado polo parlamento. En caso de desacordo, o Parlamento pode rexeitar a candidatura do presidente e elixir o seu propio candidato. Na práctica, dado que o primeiro ministro debe manter a confianza do Parlamento para permanecer no cargo, normalmente é o líder do principal partido da coalición de goberno. O actual primeiro ministro é Kristen Michal do Partido da Refoma Estoniano.

O primeiro ministro non dirixe ningún ministerio específico, pero é, de acordo coa constitución, o supervisor do traballo do goberno. A importancia e o papel do primeiro ministro no goberno e as súas relacións con outros ministros dependen a miúdo da posición do partido liderado polo primeiro ministro fronte aos socios da coalición e da cantidade de influencia que ten o primeiro ministro dentro do seu partido. Se o primeiro ministro ten unha posición forte dentro do seu partido e o goberno está composto só por representantes dese partido, pode gozar dunha autoridade considerable. Non obstante, en todas as cuestións cruciais nacionais, a palabra final recae no Riigikogu como poder lexislativo.

Ao contrario dos seus homólogos noutras repúblicas parlamentarias, o primeiro ministro é o xefe executivo de facto e de iure. Isto é debido a que a Constitución atribúe explicitamente ao goberno o poder executivo, do que o primeiro ministro é o líder. Na maioría das demais repúblicas parlamentarias, o presidente é cando menos un xefe executivo nominal, estando obrigado por convención a actuar aconsellado polo gabinete.

Estonia estivo gobernada por un primeiro ministro durante os dous primeiros anos (1918-1920) da súa independencia despois do colapso do Imperio ruso.

Baixo a constitución de Estonia, en 1920, o xefe de goberno chamábase Ancián do Estado (riigivanem), que tamén era xefe de Estado. Este sistema era un sistema radicalmente parlamentario porque o Ancián do Estado podería ser destituído polo Parlamento con maioría simple. Ademais, o Ancián do Estado non era o comandante en xefe das forzas armadas nin podía ratificar as leis nin disolver o Parlamento. A disolución do Parlamento só era posible mediante un referendo.[1] Segundo unha nova constitución aprobada por plebiscito en 1933, o cargo do primeiro ministro foi reconvertido como xefe do goberno en 1934 nun sistema máis presidencialista. Segundo esta constitución, o presidente podería nomear e destituír o primeiro ministro e o gabinete, vetar leis, emitir decretos (estatutos) e disolver o Parlamento.[2] O Ancián do Estado naquel momento, Konstantin Päts, nomeouse a si mesmo como primeiro ministro e nesta posición conseguiu suspender as eleccións para o Ancián de Estado e para o Parlamento de Estonia. Permaneceu como primeiro ministro, declarándose "presidente-rexente", ata 1938, cando se celebraron eleccións baixo unha nova constitución e foi elixido presidente.

1918–1920

[editar | editar a fonte]
Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado
Inicio Fin Duración
A orde executiva do Goberno Provisional e do Consello de Anciáns da Asemblea Provincial substituíron o cargo de presidente do Consello de Ministros.
Konstantin Päts
(Primeiro Ministro do Goberno Provisional)
12 de novembro de 1918 9 de maio de 1919 179 días Unión Popular do País (EMRL) Ningún
1 Otto August Strandman
(1875–1941)
9 de maio de 1919 18 de novembro de 1919 194 días Partido Laborista
(ETE)
2 Jaan Tõnisson
(1868–1941?)
18 de novembro de 1919 28 de xullo de 1920 254 días Partido Popular
(ER)
3 Ado Birk
(1883–1942)
28 de xullo de 1920 30 de xullo de 1920 3 días Partido Popular
(ER)
(2) Jaan Tõnisson
(1868–1941?)
(2ª vez)
30 de xullo de 1920 26 de outubro de 1920 89 días Partido Popular <br /(ER)
4 Ants Piip
(1884–1942)
26 de outubro de 1920 20 de decembro de 1920 56 días Partido Laborista
(ETE)
A Constitución de 1920 substituíu o cargo de Ancián do Estado.
Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado
Inicio Fin Duración
A Constitución de 1934 dividiu o cargo de Ancián do Estado entre un novo cargo chamado Ancián do Estado e un Primeiro Ministro.
5 Konstantin Päts
(en funcións do Ancián do Estado)
(2ª vez)
24 de xaneiro de 1934 3 de setembro de 1937 3 anos e 222 días Asembleas de Agricultores e
Asociación de Colonos
(PK / ARVK)
primeiro ministro
nas funcións de
Ancián do Estado Konstantin
Päts
Unión da Patria
(I)
[Nota 1]
A Lei de Modificación da Constitución de 1938 fusionou temporalmente os cargos de Ancián do Estado e primeiro ministro no cargo de presidente-rexente .
  1. Todos os partidos políticos foron prohibidos o 20 de marzo de 1935. A Unión da Patria foi a única organización política permitida, pero non pode ser considerado un partido político per se.

1938–1944

[editar | editar a fonte]
Foto Nome Mandato Partido Político Xefe de Estado
Inicio Fin Duración
A Constitución de 1938 dividiu o cargo de presidente-rexente entre un presidente e un primeiro ministro.
6 Kaarel Eenpalu (1888–1942)
Primeiro ministro en funcións
24 de abril de 1938 9 de maio de 1938 1 ano e 171 días Unión da Patria
(I)
Presidente
Konstantin
Päts

(1938-1940)
Primeiro ministro 9 de maio de 1938 12 de outubro de 1939
7 Jüri Uluots (1890-1945)
8º primeiro ministro
12 de outubro de 1939 21 de xuño de 1940 254 días Unión da Patria
(I)
1ª ocupación soviética
Ocupación alemá
- Otto Tief (1889–1976)
Primeiro ministro en funcións
18 de setembro de 1944 25 de setembro de 1944 8 días Ningún primeiro ministro
nas funcións do Presidente

Jüri Uluots
2ª ocupación soviética

1990 – actualidade

[editar | editar a fonte]
Foto Nome Mandato Partido Xefe de Estado
Inicio Fin Duración
2ª ocupación soviética
Edgar Savisaar
(1950– )
1st Prime Minister of the Interim Government
3 de abril de 1990
[Nota2 1]
29 de xaneiro de 1992 1 ano e 301 días Fronte Popular
(RR)
Presidente do Consello Supremo
Arnold Rüütel
Tiit Vähi
(1947– )
2nd Prime Minister of the Interim Government
29 de xaneiro de 1992 21 de outubro de 1992 266 días Ningún
8 Mart Laar
(1960– )
21 de outubro de 1992 8 de novembro de 1994 2 anos e 18 días Unión da Patria
(I)
Presidente
Lennart Georg Meri
(1991-2001)
9 Andres Tarand
(1940– )
8 de novembro de 1994 17 de abril de 1995 161 días Moderados
(M)
10 Tiit Vähi
(1947– )
(2ª vez)
17 de abril de 1995 17 de marzo de 1997 1 ano e 334 días Partido da Coalición e
Alianza Popular do Pobo
(KMÜ)
11 Mart Siimann
(1946– )
17 de marzo de 1997 25 de marzo de 1999 2 anos e 8 días Partido da Coalición e Alianza Popular do Pobo
(KMÜ)
(8) Mart Laar
(1960– )
(2ª vez)
25 de marzo de 1999 28 de xaneiro de 2002 2 anos e 309 días Unión da Patria
(I)
Presidente
Arnold Rüütel
(2001-2006)
12 Siim Kallas
(1948– )
28 de xaneiro de 2002 10 de abril de 2003 1 ano e 72 días Partido da Refoma Estoniano
(ER)
13 Juhan Parts
(1966– )
10 de abril de 2003 12 de abril de 2005 2 anos e 2 días Partido Res Publica
(RP)
14 Andrus Ansip
(1956– )
12 de abril de 2005 26 de marzo de 2014 8 anos e 348 días Partido da Refoma Estoniano
(ER)
Presidente
Toomas Hendrik Ilves
(2006-2016)
15 Taavi Rõivas
(1979– )
26 de marzo de 2014 23 de novembro de 2016 2 anos e 242 días Partido da Refoma Estoniano
(ER)
Presidente
Kersti Kaljulaid
(2016-)
16 Jüri Ratas
(1978– )
23 de novembro de 2016 26 de xaneiro de 2021 4 anos e 64 días Partido do Centro
(K)
17 Kaja Kallas
(1977– )
26 de xaneiro de 2021 presente 3 anos e 180 días Partido da Refoma Estoniano
(K)
  1. O Consello Supremo da RSS de Estonia declarou o 30 de marzo de 1990 que o goberno soviético era ilegal dende 1940 e declarou un período de transición para a independencia total. Esta foi restaurada o 20 de agosto de 1991.
  1. Zetterberg 2007, p. 524-525.
  2. Zetterberg 2007, p. 558-559.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Zetterberg, Seppo (2007). A History of Estonia. Helsinki: The Finnish Literary Society / Suomalaisen Kirjallisuuden Seura. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]