Jüri Ratas
Jüri Ratas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de xullo de 1978 |
Talín | |
Nacionalidade | Estonia |
Relixión | cristianismo |
Alma máter | Tallinn University of Technology, Universidade de Tartu e Tallinn Nõmme Upper Secondary School |
Ocupación | político |
Pai | Rein Ratas |
Nai | Urve Ratas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jüri Ratas, nado en Talín o 2 de xullo de 1978, é un político estoniano. Dende novembro de 2016, é o Primeiro Ministro de Estonia.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É membro do Partido do Centro de Estonia. Ocupou o seu primeiro cargo político como Vicepresidente do Parlamento Nacional "Riigikogu" e seguidamente dende 2005 até 2007 foi o Alcalde de Talín. Como alcalde cómpre salientar que iniciou o Programa de Capital Verde Europea na cidade.
No 2013 proponse aumentar o imposto mínimo a partir de 2000 e 2250 coroas estonianas (Eesti kroon, EKK), un proceso que foi de 5 anos na fabricación.
Nas Eleccións Parlamentarias de 2015 foi reelixido para o parlamento cun total de 7932 votos individuais. No mes de marzo dese mesmo ano foi elixido como o segundo vicepresidente da cámara.
O 5 de novembro de 2016 foi elixido para suceder a Edgar Savisaar como novo líder do partido do centro.
Despois de que o segundo gabinete do daquela primeiro ministro Taavi Rõivas se dividise no mes de novembro debido a unha loita interna, comezaron as conversacións para formar unha coalición para gobernar entre o Partido do Centro, o Partido Socialdemócrata e a Unión Prol Patria e Res Pública. O 19 de novembro os tres partidos acordaron as condicións e finalmente lograron formala, con Jüri Ratas como principal líder.
Tras liderar esta coalición, o día 23 de novembro foi xuramentado como 17.º primeiro ministro de Estonia, en substitución de Rõivas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Agencia EFE (21 de novembro de 2011). "Jüri Ratas, elegido nuevo primer ministro de Estonia por el Parlamento". Berlín (Alemaña). Consultado o 28 de xaneiro de 2017.