Zimbabwe Broadcasting Corporation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zimbabwe Broadcasting Corporation
Inicio das emisións 1980 (substituíu a ZRBC)
Propiedade de Goberno de Cimbabue
País Cimbabue Cimbabue
Lingua inglés, shona e ndebele.
Sede central Cimbabue Harare
Nome(s) anterior(es) Rhodesian Broadcasting Corporation e Zimbabwe Rhodesian Broadcasting Corporation

Na rede
www.zbc.co.zw

Zimbabwe Broadcasting Corporation (ZBC) é a empresa de radiotelevisión estatal de Cimbabue. Sucedeu á Zimbabwe Rhodesian Broadcasting Corporation (ZRBC) en 1980, a cal á súa vez sucedeu á Rhodesian Broadcasting Corporation (RBC) en 1979. Do mesmo xeito que a RBC durante o goberno de minoría branca encabezado por Ian Smith, a ZBC foi acusada de ser o portavoz do réxime de Robert Mugabe, co cal non tería independencia editorial.

Radio[editar | editar a fonte]

A ZBC opera catro cadeas de radio, as cales posúen programas de noticias, asuntos internos, programación educativa e música, en inglés, shona e ndebele.

Televisión[editar | editar a fonte]

A televisión foi introducida á entón Rodesia do Sur en 1960. Foi o primeiro servizo televisivo da rexión, dado que en Suráfrica non se introduciu a televisión ata 1976. RBC TV era un servizo comercial que emitía publicidade, malia que tamén se sustentaba mediante o pago de impostos. A recepción televisiva está restrinxida ás grandes cidades, e a maioría da audiencia provén da minoría branca. Posiblemente o director máis coñecido da RBC fose o Dr. Harvey Ward.

A televisión en cor foi introducida en 1984, cunha segunda canle, dispoñible só en Harare, que foi introducido en 1986. Esta canle foi descontinuada en 1997 e substituído pola primeira canle independente de Zimbabwe, coñecido como Joy TV. Esta canle transmitiu ata 2002, cando estivo sumido nunha controversia por deixar de pagar os impostos e licenzas a ZBC.[1]

O principal boletín de noticias de ZBC TV comeza cun home en vestimentas tradicionais golpeando un tambor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de decembro de 2010. Consultado o 08 de marzo de 2014.  Arquivado 27 de decembro de 2010 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]