Saltar ao contido

Premio de tradución Etxepare - Laboral Kutxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio de tradución Etxepare-Laboral Kutxa é un galardón literario con remuneración económica[1] creado en 2015 e que distingue a tradución a outras linguas dunha obra escrita orixinalmente en éuscaro.

Os organizadores do dito premio son o Instituto Vasco Etxepare e a entidade Laboral Kutxa[2]

Edicións

[editar | editar a fonte]
Ano Persoa gañadora Obra Lingua
2015 (I edición)[3] Isaac Xubín Tempo de exilio de Joseba Sarrionandia (Kalandraka) Lingua galega
2016 (II edición) Nami Kaneko Mussche de Kirmen Uribe (Hakusuisha) Xaponés
2017 (III edición) Yaroslav Gubarev Memorias dunha vaca de Bernardo Atxaga[4] (Anetta Antonenko) Ucraíno
2018 (IV edición) Amaia Gabantxo Harri eta herri e Maldan behera de Gabriel Aresti[5] (Rock & Core e Down Hill) Inglés
2019 (V edición) Ainara Munt Hilda dago poesia? de Joseba Sarrionandia[6] (Pol·len Edicions) Catalán
2020 (VI edición) Eider Rodriguez e Lander Garro Bihotz handiegia de Eider Rodriguez (Penguin Random House) Castelán
2021 (VII edición) Mariolein Sabarte Amek ez dute de Katixa Agirre (Zimiri Press) Neerlandés
2022 (VIII edición) Nami Kaneko Soinujolearen semea, Bernardo Atxaga (Shinchosha) Xaponés
2023 (IX edición) Amaia Gabantxo Burning Bones - Hezurren erretura Miren Agur Meabe (Parthian Books) Inglés
2024 (X edición) Estibaliz Lizaso Revers. Testimonis de dones bertsolaris - Kontrako eztarritik, Uxue Alberdi (Pol·len edicions) Catalán

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]