Diocese de Estocolmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo da Diocese católica de Estocolmo

A Diocese de Estocolmo (latín: Dioecesis Holmiensis; sueco: Stockholms katolska stift) é un territorio eclesiástico da Igrexa católica en Suecia cuxa sede episcopal é a Catedral de San Erik, na cidade de Estocolmo. É a única diocese da Igrexa católica que existe en Suecia desde a Reforma protestante Orixinalmente erixida o 23 de setembro de 1783 como un vicariato apostólico pertencente á arquidiocese de Paderborn, converteuse nunha nova diocese o 29 de xuño de 1953. O 7 de agosto de 1868 o vicariato cedera parte do seu territorio para a creación da "missione sui iuris" de Noruega (a actual Diocese de Oslo).

A diocese inclúe 42 parroquias e a súa xurisdición esténdese sobre a totalidade do territorio de Suecia. O número de católicos da diocese e do país é de 144.000, constituíndo o 1,6 % do total da poboación de Suecia, o que significa un aumento substancial con respecto ao 0,2% dos suecos católicos en 1949. Do total de católicos do país a maioría son inmigrantes provenientes de Polonia, outros países do centro e leste de Europa e de América Latina e só o 20% da Igrexa católica de Suecia está constituída por suecos étnicos. A diocese conta con 73 sacerdotes diocesanos e algo máis de 300 relixiosos. A igrexa católica de Suecia mantén unha excelente relación coa igrexa de Suecia que é a denominación cristiá maioritaria e coexiste pacíficamente coa poboación agnóstica de Suecia que constitúe o 82% do total da poboación do país. De feito e debido á falta de edificios propios, a igrexa luterana préstalle máis de 50 das súas igrexas aos católicos para que practiquen o seu culto.[1]

Listaxe de bispos[editar | editar a fonte]

  1. Nicolaus Oster (1783-1790)
  2. Rafael d´Ossery (1790-1795)
  3. Paolo Moretti (1795-1804)
  4. Jean Baptiste Gridaine (1805-1833)
  5. Jacob Laurentius Studach (1833-1873)
  6. Johan Georg Huber (1874-1886)
  7. Albert Bitter (1886-1922)
  8. Johannes Erik Müller (1923 - 1957)
  9. Ansgar Nelson (1957-1962)
  10. John E. Taylor (1962-1976)
  11. Hubertus Brandenburg (1978-1998)
  12. Anders Arborelius (1998-presente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hope for the Church in Secularized Sweden" (en inglés). 2004-01-26. Consultado o 2020-02-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]