Praza Cameretten (Delft)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°00′42″N 4°21′28″L / 52.011569, 4.357683

Praza Cameretten
A Praza Cameretten nunha imaxe dos anos 60, co Visbank á dereita
TipoloxíaPraza
Localización
InicioGran Praza
FinWijnhaven
Circulación
TránsitoPeonil e rodado

A praza Cameretten é unha praza situada no extremo noroeste da Gran Praza da localidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos. Noutros momentos recibiu tamén o nome de "praza do Peixe" (neerlandés: Vismarkt). [1]

Baixo a Cameretten flúe a canle Voldersgracht, que se atopa aí coas Wijnhaven e Hippolytusbuurt.

Na Idade Media, este era un lugar destinado ao comercio e dividíase en catro espazos, que foron ocupados entre 1338 e 1474 por banqueiros de orixe lombarda. A este feito pódese deber a orixe da denominación de "cámaras" para estes espazos.

Nesta praza localízanse varios edificios coa catalogación de Rijksmonument (monumento nacional), entre os que cabe salientar o Visbank ("mercado do peixe"), unha pintoresca construción do século XVIII dedicada ao comercio de peixe que aínda hoxe mantén a súa función.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Camaretten". En LensOnLeeuwenhoek.net. (En neerlandés)
  2. Catalogación dese edifico no Rijksmonumentenregister Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine(en neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (en neerlandés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]