Praia de Baldaio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Baldaio
Playa_de_Baldayo
Posto de primeiros auxilios Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónCarballo
Lonxitude3000 m
Largo medio100 m
Características específicas
Tipo de areaFina
Condicións do bañoOleaxe medio - forte
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Equipo de salvamentoSi

A praia de Baldaio é un areal bañado polo océano Atlántico situado na parroquia de San Cristovo de Lema, no concello coruñés de Carballo.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Praia aberta de area dourada e gran fino que forma xunto coa praia de Razo un dos areais mais extensos de Galicia protexido pola súa riqueza natural.[2][3]

Espazo protexido[editar | editar a fonte]

Esta praia está protexida pola Rede Natura 2000 para a conservación da biodiversidade como LIC[4] e ZEPA.[5]

Acontecementos[editar | editar a fonte]

  • 1843 - Naufraxio do RMS Solway. Primeiro gran vapor de pasaxe naufragado en España e primeira gran perda da compañía inglesa Royal Mail Steam Packet Company.[6]
  • 1881 - Naufraxio do SS Mennythorpe, un vapor mercante inglés de ferro.[6]
  • 1885 - Embarranca o mercante a vapor inglés Tunstall, de 320 pes de eslora.[6]
  • 1891 - Naufraxio do buque francés Nantes que deixa tres mortos e cento quince superviventes.[6]
  • 1898 - Naufraxio do vapor mercante alemán Nord con 1800 toneladas de carbón e 8000 toneladas de cobre e bronce.[6]
  • 1898 - Naufraxio do pesqueiro galego Noya deixa tres falecidos.[6]
  • 1929 - Encalla o mercante a vapor español Mari Victoria.[6]
  • 1933 - Encalla o mercante a vapor español Maria Adaro.[6]
  • 1945 - Naufraxio do vapor Ramonin de Ferrol.[6]
  • 1949 - Naufraxio do petroleiro inglés Nuculana.[6][7]
  • 1991 - Naufraxio do pesqueiro galego Os Tonechos, nos Baixos de Baldaio, deixa nove falecidos.[6][8]
  • 2002 - A marea negra do Prestige alcanza a costa.[9]
  • 2003 - Un avión militar emprega a praia de Razo - Baldaio como pista de aterraxe de emerxencia.[10][11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Praia de Baldaio (Carballo)". www.coruna.gal. Consultado o 2024. 
  2. "Razo: mar aberto ao Atlántico". turismocarballo.org. Consultado o 2023. 
  3. "Playa de Razo (Carballo)". Coruña.gal. Consultado o 2023. 
  4. "ES1110005 Costa da Morte". natura2000.eea.europa.eu. Consultado o 2023. 
  5. "ES0000176 Costa da Morte (Norte)". natura2000.eea.europa.eu. Consultado o 2023. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 Lema Mouzo, Rafael (2014). Catálogo de naufragios. Costa da Morte. Galicia. Elven Comunicación. 
  7. "«Nuculana» y la marea negra que nunca existió". adiantegalicia.es. 2017. Consultado o 2024. 
  8. "La semana en la que el mar se llevó todo". lavozdegalicia.es. 2016. Consultado o 2024. 
  9. "Crónica de la catástrofe". elmundo.es. Consultado o 2023. 
  10. "La playa de Razo-Baldaio salvó el avión". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  11. "Aeropuerto improvisado de Razo-Baldaio". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.