Praha hlavní nádraží

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°4′59″N 14°26′09″E / 50.08306°N 14.43583°E / 50.08306; 14.43583

Praha hlavní nádraží dende o parque.
O antigo hall Art Nouveau como café en outubro do 2005 (o café só existiu ata setembro do 2012).
A antiga entrada principal, actualmente entrada ao Café Fanta (Fantova Kavárna).

A Praha hlavní nádraží (en galego Estación Principal de Praga, abreviada como Praha hl.n) é a estación máis grande e importante de Praga (República Checa).

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi aberta en 1871 baixo o nome Franz Josef Station en homenaxe ao Arquiduque Francisco Xosé. Durante a Primeira República e entre 1945 e 1953 a estación foi chamada Wilsonovo nádraží (en galego Estación Wilson) en honor ao Presidentes dos Estados Unidos de América Woodrow Wilson. A súa estatua permaneceu no parque en fronte da estación ata a súa destrución polas autoridades alemás cando os Estados Unidos tomaron parte na Guerra en 1941.[1] A nova estatua de Woodrow Wilson atópase agora no lugar (2012). No 2010, na estación operaron 132.560 trens e por ela pasaron 22 millóns de pasaxeiros.[2]

O edificio Art Nouveau da estación e o hall da estación foron construidos entre 1901 e 1909, sendo deseñados polo arquitecto checo Josef Fanta, no lugar da antiga estación neorrenacentista. A estación foi ampliada cunha nova terminal construida entre 1972 e 1979, incluíndo a estación de metro e unha rúa principal no teito da terminal. A construción da nova terminal requiriu da utilización de boa parte do parque, e a construción da rúa cortou o hall neorrenacentista da estación á cidade. No 2011 rematou unha nova remodelación da estación por parte da empresa italiana Grandi Stazioni,[3] que a alugou por espazo de 30 anos dende 2002.[4]

Servizos[editar | editar a fonte]

Servizos de longa distancia[editar | editar a fonte]

A estación é un importante centro de transportes internacional, contando con servizos a Alemaña (Munich/Nuremberg, Bavaria-Bohemia RE (Regio-Express) e servizos de EuroCity/EuroNight a Berlín, Dresden e Hamburg); Polonia, Eslovaquia, Austria, Hungría, Suíza, Países Baixos, Serbia, e Croatia no verán. As liñas son operadas por trens express, así como por trens Pendolino ČD Class 680.

Servizos nacionais[editar | editar a fonte]

Ademais das liñas internacionais, da Estación Principal de Praga saen trens cara as principais cidades checas como Brno, Plzeň, České Budějovice e Olomouc.

Servizos de proximidades[editar | editar a fonte]

Á Estación Principal chegan a meirande parte das liñas de Esko Prague que non son operados na cercana Praha Masarykovo nádraží.

Transporte urbano[editar | editar a fonte]

A estación conta cunha estación da Liña C Metro de Praga, así como numerosas liñas de tranvía fora da estación.

Entrada principal (antes da reconstrución)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praha hlavní nádraží

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]